01/11/24

Club de xadrez

 CLUB DE XADREZ

     
Regresa o noso club de xadrez que lerá e poñerá en práctica todas as xogadas que veñen nestes libros. Se che apetece, ainda estás a tempo de formar parte do club. 

Samaín 2024

 

SAMAÍN 2024

De novo puidemos achegarnos ao medo e as tradicións do Samaín ao longo de todo o centro. Así quedou a nosa biblioteca grazas á colaboración do alumnado de 4ESO D:



Como todos os anos, apareceu no vestíbulo do centro o Camposanto no que se colocaron todas as lápidas que participaron no concurso organizado polo equipo de Normalización Lingüística, que tivo gran acollida.

Tamén, volveu a percorrer a Santa Compaña as clases e os corredores do noso centro en busca de almas perdidas que foran con ela ata o Alén. 

Ademais, Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua galega organizaron outra edición de portas terroríficas. O alumnado de 1º e 2º da ESO decoraron as portas das súas clases con lendas galegas tradicionais como o home peixe, Maricastaña, a tía Xoana ou Santa Compaña.

O alumnado de 2BACH gravou podcast sobre lendas misteriosas da cultura tradicional galega. 
    Se queredes continuar co Samaín pola vosa conta, ademais das lecturas que vos propoñemos, podedes consultar no noso catálogo a lista de recomendacións terroríficas.