16/05/09

Día das letras: Ramón Piñeiro


Máis información sobre Ramón Piñeiro e Vía do vídeo: Letras Galegas. 1.bp


E grazas a un dos blogues preferidos, Mesturas, podemos disfrutar doutro vído da iniciativa Ponte nas ondas:

15/05/09

Ramón Piñeiro na Biblioteca

Co gallo do Día das Nosas Letras, "O bosque animado" preparou unha selección das obras editadas sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro.

12/05/09

Mario Pereira no Club de Lectura


Como unha actividade que serviu para poñer, case, remate ao Club de Lectura de 1º da ESO (o alumnado insiste en non dalo por rematado e continuar lendo algún libro máis) esta semana visitounos Mario Pereira autor de “Contos para Manuela”

Desenvolvemos a actividade na biblioteca, onde senón?, nun ambiente relaxado e tranquilo polo autor, frenético e nervioso polo alumnado. Comezou Mario léndonos un conto para logo facilitarnos algunhas claves interpretativas. De feito ao alumnado iso de buscar claves interpretativas encántalles, atopando moitísimas respostas a calquera pregunta do escritor.

Posteriormente Mario Pereira tivo a ben facerlles sentir moi protagonistas aos rapaces e ás rapaces posto que lles pediu que leran os seus propios finais para algún dos contos do libro. Sempre atopou palabras de alento para cada un deles, sempre atopou argumentos positivos para cada un dos novos finais propostos, por moi breves ou extensos que foran.

Finalmente agasallounos cun novo conto aínda non publicado (canto pode dar de si ese animal tan contista como é o lobo). Foi toda unha marabillosa lectura dramatizada onde interviron algunhas das características dos seus contos: os animais e o sentido do humor. Unha magnífica experiencia. E para sopresa, no remate, fíxonos outro agasallo: o seu libro "Velaí vai o verme" adicado á Biblioteca "O bosque animado"


Moitas grazas Mario

10/05/09

O Rap da Lingua

Vía Un rato na biblioteca coñecimos este RAP DA LINGUA do grupo Migallas. Que vos guste.

03/05/09

A frase do mes



"Lembro o que escribiu Baudelaire nos seus cadernos, no sentido de que abondaba unha milla de mar para ter unha idea do infinito. Pois ben, tamén os libros somo como esa milla Baudelaire. Son infinitos virtuais que nos axudan a comprender esoutro infinito da experiencia humana."


Bernado Atxaga


Cita recollida en Ditos sobre o libro e a lectura. Escolma a cargo de Xavier Seoane. Concello da Coruña, 23 de abril de 2009, páx. 12.

Imaxe vía Kalipedia.