"Unha persoa lendo ordena a súa vida, non se desorienta, non se perde, e é capaz de encontrar a saída, o final feliz. De aí que a lectura poida entenderse coma o hábito moral máis capaz de xerar nas persoas o autodominio e a construción do seu propio destino. Ben, pois ao meu entender, isto é o que está empenzando a caer no descrédito".
01/05/12
25/04/12
Lola Lorente
A semana pasada e dentro das actividades a realizar dun dos clubs de lectura, guíado pola profesora Pilar Varela do departamento de lingua castelá, disfrutamos coa
presencia de Lola Lorente, (ilustradora, autora da novela gráfica Sangre de mi sangre (Astiberri
2011, premio Creacómic 2009, premio INJUVE 2006). Impartiu un obradoiro de
creación de cómic a un grupo de alumnos practicamente de todos os niveis na nosa biblioteca. O obradoiro estructurouse en dúas sesións:
1º sesión:
Partindo de métodos cercanos á imporvisación (collage,
tampóns, manchas de rotulador), os participantes foron perfilando seus propios
personaxes. Despois, e para amosar a relatividade do tempo no cómic, crearon una
historia nunha páxina autoconclusiva, traballando dous diferentes ritmos: a
vida do personaxe en dúas viñetas (pasado e presente), e a representación dun
acto cotián en nove viñetas.
2ºsesión:
Narración a
dobre páxina e con texto en voz en off, dun suceso que ocorre entre dous
personaxes inventados por cada participante. Tamén traballouse o globo de
diálogo e os espazos de silencio.
Unha parte importante foi a posta en común,
mediante a cal os asistentes viron as diferentes formas de traballo e o estilo
único de cada un de eles.
Ao acabar as sesións fixemos un issu usando algúns dos traballos feitos polos alumnos no taller
Ao acabar as sesións fixemos un issu usando algúns dos traballos feitos polos alumnos no taller
23/04/12
Día do Libro: Para un ambiente de lectura na escola
Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais) que nos fai reflexionar sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler.
Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación...
Aínda que sempre oímos aquilo de “niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos que dicir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademais, conségueno. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura.
O dito, propóñovos a súa lectura:
Texto e Issuu vía Ies Pedra da Aguia.
22/04/12
Comenius no I.E.S.
Na última semana da segunda evaluación tivemos a reunión do programa Comenius que este ano celebrouse no noso centro. Durante unha semana alumnos, alumnas e docentes de Polonia, Francia, Italia, Lituania e Alemaña estiveron con nós para coñecer o noso centro e o noso contorno. A lingua que usaron para entenderse foi o inglés, que se escoitaba polo centro a todas horas. Algúns dos rapaces tamén falaban castelán e facían as súas prácticas sempre que podían. Os alumnos e alumnas estiveron vivindo en casa dos seus correspondentes e case tódolos días viñeron ao instituto e mesmo estiveron participando nalgunas clases.
Todolos participantes estiveron de acordo en que a experiencia fora moi boa. A preparación e a organización das actividades supuxo un esforzo para os nosos compañeiros pero ó final todo funcionou como estaba previsto. Arriba tedes unha foto da maioria do grupo no día que foron a visitar a torre de Hércules.
01/04/12
A frase do mes: Gracia Santorum
"Creo
firmemente que o acto de ler, mellor dito, o hábito de ler, incide directamente
na nosa educación e na nosa cultura. Que non nos faga mellores persoas non
significa que non nos faga máis sabias. Diferente é que o apliquemos ou non na
nosa vida cotiá.
Este
aumento da cultura é para min o gran reto que atinxe a este país, tan adoecido
e carente dela. Un país que non comprende a riqueza de contar con lingua
propia, un país que destrúe o medio natural cada verán… está asolagado de incultura. Para remedialo
está, ou cando menos creo que debe estar, a lectura".
Gracia Santorum. "Trafegando ronseis,
un blogue para o fomento da lectura". En Fomento da lectura: unha fronteira para o libro, páxinas. 163-178. Editado pola Asociación Galegas de Editores,
2011. Cita das páxinas. 166 e 167.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


