17/02/13

futuro das bibliotecas


Interesante video sobre o futuro das bibliotecas. Paga a pena botarlle unha ollada. Podedes activar os subtitulos traducidos en varios idiomas.

01/02/13

A Frase do Mes: Tomás de Kempis


Tomás de Kempis (1380-1471)

"Procurei a felicidade por todas partes, pero non a atopei en ningures, a non ser nun pequeno recanto e na compaña dun pequeno libro".

25/01/13

Unha escritora de L.I.X.







A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. 
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

26/12/12

Guía de lectura de Nadal.


Open publication - Free publishing - More guia

Tedes a guía de Navidad que fixemos conxuntamente todas as bibliotecas escolares e municipales de Cambre. En ela poderedes atopar suxestións  para mercar, agasallar e por suposto disfrutar. 

24/11/12


Hai dous fins de semana tivemos en Santiago as IV   xornadas de biblioteca. O título LER PARA VER, relativa á formación para a competencia mediática e informacional, co apoio dos recursos da biblioteca escolar. Muy amena a primeira conferencia a cargo de Fabio Tropea, e moi interesante tamén Tiscar Lara. Tedes  dende o CAFI (pinchade aquí)  un acceso aberto para todos os materiais. Entrando como convidado poderíades acceder a todos os contenidos.