VII Xornada dos Clubs de Lectura from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
30/03/14
Forget me not. (Exposición do fotógrafo Bernard Plossu na Coruña)
Co gallo da saída editorial do libro de Bernard Plossu (Vietnam, 1945) "¡Vámonos!", que recolle fotografías tomadas en catro viaxes a México entre os anos sesenta e oitenta, temos ata o once de abril para poder ver na Galería Vilaseco Hauser unha pequena mostra do traballo deste autor.
París, ano sesenta e cinco: primeira das catro viaxes, ós vinte anos. Plossu xa vira abondo de canto se programaba nos cineclubes franceses cando decide botarse á estrada, coma as personaxes de Kerouac. Da man da literatura e o cinema perde o rumbo polas paisaxes Mexicanas. Por que México? Ten dito el que xa fora iniciado nisto da fotografía, o deserto e as viaxes polo seu pai, tamén no oficio; ora que quizais “Los olvidados”, película de Buñuel do ano 1950, teña algo que ver: foi unha das súas descubertas máis memorables no cineclube. Nela, Buñuel filma unha realidade atravesada pola violencia e a miseria na que, sen embargo, aparecen toda esa clase de elementos perturbadores e ambiguos que tanto obsesionaban ó director -a muller que lava os pes á noite como invitación erótica, animais mortos, a perversidade dun vello cego-, xunto con outros que parecen formar parte, do xeito máis natural, do ambiente no que foi rodada a película: a escena dun ritual de curación no que se deluva unha pomba branca polas costas núas do enfermo, o galo que anuncia o horror que vai vir, ou aquela rapaza que enxuga a cara en leite. Suxestivo, non si?
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE BERNARD PLOSSU EN A CORUÑA: Galería Vilaseco-Hauser, ata o día 4 de abril de 2014, na rúa Padre Feijoó, nº 5, 1º.
[Colaboración de M.]
Labels:
Arte,
Colaboracións,
Exposicións,
Fotografía
Xosé Cobas no IES
Durante os primeiros días de abril, o ilustrador e deseñador gráfico Xosé Cobas (Negreira, 1951) estará expoñendo unha selección da súa obra no recibidor do IES. Velaquí unha presentación con parte do seu traballo. A Biblioteca colabora cunha exposición bibliográfica da súa obra.
Xose Cobas from Antonio
08/12/13
A frase do mes: Juan Cruz
Leer es una suerte y una obligación; los que mandan en los países la deben asumir como una de las tareas prioritarias de su función pública. En nuestro país, por ejemplo, los sucesivos ministros de Educación, y ahora el último de ellos, José Ignacio Wert, suelen llevarse las manos a la cabeza ante nuestra mala nota en el Informe PISA. Después de ponerse las manos en la cabeza deberían ponerse manos a la obra: la madre del saber es la lectura, ahí está el prolegómeno decisivo de la vida; y no solo en leer, en pasar una página tras otra, sino en la enseñanza de la lectura, en el comentario de texto, el instrumento esencial para que el entusiasmo de leer sea el entusiasmo de saber. (...)
Basta que un individuo no sepa que leer es el principio básico de la vida para que un país se considere fracasado. Y el nuestro tiene demasiados millones de fracasos. Pongan manos a la obra, rescaten el libro de ese puesto efímero en el que los políticos lo colocan cuando piensan en el inquietante futuro.
Juan Cruz. "Mal educados". En El País, 6-XII-2013
14/11/13
A Frase do mes: Joan Fuster
Ler non é fuxir. Aínda que haxa moitos que unicamente procuren na lectura o sucedánao honorable dun estupefaciente, ler é todo o contrario de embeberse aou de amodorrarse. Lese para comprenderse a un mesmo, para comprender aos outros, para comprender o noso tempo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


