02/05/23

2 maio: Contra o acoso escolar

 DI NON AO BULLYING

       

         Hoxe celébrase o día contra o acoso escolar. Este é un tema que tennos que preocupar a todos. Hai moito sufrimento e discriminación que parece invisible (como nun iceberg)

         Por iso, é fundamental que haxa comunicación e que todos actuemos ante a mínima sospeita de que un compañeiro, un amigo, un alumno, un fillo ou quen sexa estea pasando por algunha destas circunstancias. A responsabilidade é de tod@s. Non mires para otro lado. Di non ao acoso.

        Os libros axúdannos a entender e identificar o acoso en todos os ámbitos. Por iso, animamos a todo o alumnado a que pase pola biblioteca a coller algunha suxestións que se centran neste tema e que cremos que vos gustarán:




28/04/23

LECTURA E FAMILIAS maio

 LECTURAS E FAMILIAS


        Neste mes de maio, disfrutaremos na biblioteca do noso centro das seguintes charlas a partir das 18:30 horas:

  • Martes 9 de maio: A lectura tamén é para xente de ciencias. Dante de Eldrich Gate faranos adentrarnos nos xogos que están conectados coa literatura para que aprendamos a xogar e ler en familia. 
  • Martes 16 de maio: Aproximación ao mundo do cómic/banda deseñada: Outra forma de potenciar a lectura. Nesta ocasión, exploraremos da man de Toño Vilaverde as posibilidades que ten a banda deseñada para acercar a lectura á adolescencia. Ademais, ofrecerá estratexias varias para poder atopar a banda deseñada para cada membro da familia.
  • Martes 23 de maio: A biblioteca como colaboradora das familias. Cristina Ameijeiras explicaranos como a biblioteca pode converterse en punto de encontro para toda a familia gracias ás múltiples posibilidades que nos ofrece. 

        Desde a biblioteca, esperamos que esteades interesados e vos inscribades no seguinte formulario

25/04/23

24 abril: día do libro

 LONGA VIDA AOS LIBROS!


        

         Onte foi o día do libro, ese amigo infatigable que nos axuda a viaxar coa mente sen saír da casa e que nos fai compañía en todo momento de maneira incondicional. Na biblioteca compartimos as palabras que pronunciou o gran Federico García Lorca na inaguración da biblioteca de Fuente Vaqueros: "Se tivese fame e estivese desvalido na rúa non pediría un pan, senón que pediría medio pan e un libro". Por iso, a semana pasada todos os membros da comunidade educativa afanámonos en renderlle a nosa mellor homenaxe.       

        O concurso de bookface que se plantexou desde a biblioteca foi todo un éxito de participación e o resultado final é extraordinario, tal e como se pode ver a continuación:


        Ademais, no vestíbulo do centro aparecen todos os participantes para que podades atopar o voso e valorar o resto de fotografías dos compañeiros.

       
        Gracias ao departamento de Lingua Galega e ao esforzo do alumnado de 1º da ESO, podemos desfurtar dunha minibiblioteca que construíron con moita paciencia e delicadeza


        Para contribuír á semana das letras, o departamento de Lingua Castelá traballou con todo o alumnado as diversas manifestacións literarias que aparecen recollidas nos libros e están expostas no vestíbulo xunto coa minibiblioteca.


        Ademais, hoxe pola tarde celebrouse a entrega de premios do XVIII certame literario "Sea breve, por favor" coa actuación do grupo de teatro e do coro para amenizar a cerimonia
 
        

        Se queredes ler os microrrelatos gañadores, podedes facelo aquí
 


        

24/04/23

Charla banda deseñada adiada

 ADIADA A CHARLA SOBRE BANDA DESEÑADA


        Por cuestións alleas á biblioteca, a charla sobre banda deseñada que tería lugar mañá martes 25 de abril trasládase ao 16 de maio á mesma hora e no mesmo lugar. Desculpade as molestias.

19/04/23

Lectura e familias: manga

 APROXIMACIÓN AO MANGA 

        Onte tivemos a primeira sesión do programa Lectura e familias: Entender o manga. Introdución e orientacións para toda a familia. Lara Portela ofreceunos un percorrido polos diferentes xéneros que existen dentro do manga e dounos trucos para poder diferenciar o manga para adolescentes do manga para adultos e pautas a ter en conta cando nos aproximamos á este tipo de literatura (como a brecha de xénero ou a sexualización feminina).


   

















        Desde a biblioteca, queremos agradecer a Lara a amena charla na que compartiu con nós os seus amplos coñecementos do mundo do manga. Tamén estamos dar as grazas ás familias por participar e facer posible o intercambio de opinións sobre este tema.

        A continuación, deixamos unha pequena mostra das lecturas que nos recomendou Lara e que podedes atopar na nosa biblioteca, aínda que hai moitas máis:

Manga para adolescente (tanto Shomem como shojo)

Manga para adultos (tanto seinen como yosei)