15/05/23

Escape room das letras galegas

 ATRÉVETE A PARTICIPAR

        Dentro da celebración da semana das letras do noso centro, nos recreos do venres, temos preparado un gran reto para vós. Teredes que escapar da bibliteca solucionando unha serie de retos de maneira grupal. Se queredes participar, tedes que pasar antes pola biblioteca para inscribiros. Achegádevos! Seguro que o pasamos moi ben.



12/05/23

Preparando a semana das letras

 PREPARANDO A SEMANA DAS LETRAS

        Aínda que o día das letras galegas é o mércores 17 de maio, no centro imos adicarlle toda a semana á nosa cultura. Por iso, no centro estanse preparando moitas actividades que terán lugar antes da III edición do noso Festival das letras. Aproveitade para aprender xogos tradicionais ou cales son as herbas de San Xoán, ademais de desfrutar dos concertos e consursos que estamos a preparar.



09/05/23

Gañadores concurso bookface

 GAÑADORES CONCURSO BOOKFACE

      Despois dunha dura deliberación por parte do xurado, os gañadores do concurso de bookface que organizou a biblioteca para conmemorar o día do libro son os seguintes:


        Parabéns aos gañadores. Esperamos que desfrutedes dos vosos premios. Moitísimas gracias a todos os participantes.




08/05/23

Adiada a charla A lectura tamén é para xente de ciencias

 

 ADIADA A CHARLA A LECTURA TAMÉN É PARA XENTE DE CIENCIAS



       Por cuestións alleas á biblioteca, a charla A lectura tamén é para xente de ciencias incluída no programa Lectura e familias que tería lugar mañá martes 9 de maio trasládase ao mércores 27 de maio á mesma hora e no mesmo lugar. 
       Desculpade as molestias ocasionadas.

05/05/23

5 maio: día da lusofonía

 DÍA DA LUSOFONÍA

       Hoxe 5 de maio celébrase o día da cultura lusófona. Conmemórase así a quinta lingua máis falada do mundo, a terceira máis falada en Occidente e a máis falada no hemisferio sur. Debemos aproveitar que se unifican en torno a mesma raíz lingüística: o galego-portugués (nacido na antiga Galaecia).

       Para concienciarnos disto, preparamos una mapa no que aparecen os nove países que comparten este trazo cultural e identitario,


       Ademais, fixemos unha escolma de lecturas para que vos animedes a coñecer estas culturas a través da literatura.