15/02/24

Cita a cegas

  CITA CUN LIBRO = BOA IDEA

      Despois das vacacións de Entroido, tivo lugar a nosa cita a cegas cun libro, un clásico para conmemorar o día do amor. Estamos moi contentas e agradecidas pola acollida que tiveron as lecturas que os membros dos clubs de lectura realizaron con moito amor para todo o alumnado do centro.



09/02/24

Namórate da lectura por San Valentín

NAMÓRATE DA LECTURA

       Nun día como o 14 de febreiro, no que se conmemora o amor, pásate  despois do entroido outro ano máís pola biblioteca para celebrar o amor pola lectura e atrévete a ter unha cita a cegas con algunha das recomendacións que os membros dos clubs deixaron preparadas para vós.




        Ademais, para abrir boca, deixamos unha selección de lecturas que podes atopar na nosa biblioteca e que celebrar todo tipo de amores.



02/02/24

os mandatos do meco

 O MECO MANDA...

        Outro ano máis o Meco volveu a aparecer no vestíbulo do noso centro para darnos instrucións sobre o que temos que facer nos días previos ao festival de Entroido. Ten moitas ganas de troula e vós?

 
Para que vaiades preparnado todo, aquí tedes os mandatos de esta ano. Tomade boa nota: 







01/02/24

o entroido xa está aquí

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

      Este ano o Entroido celebarase outra vez ao grande. Volve o esperado concurso de comparsas. Ademais, haberá todo o necesario para pasalo moi ben: disfraces, música, gastronomía... Que comece a troula!

      

31/01/24

30 xanerio:día da paz e a non violencia

DIN NON Á VIOLENCIA



      Na celebración do día da paz tiveron lugar na biblioteca os primeiros encontros de Bibliotecas humanas nas que visitaronnos persoas de nacionalidades que na actualidade están en conflicto (Ucrania, Palestina) para que o noso alumnado coñeza de primeria mán os horrores da guerra. 

        Relacionado co non á violencia, os membros dos clubs de lectura fixeron unha escolma de obras do noso catálogo no que se aborda desde diversas perspectivas os conflictos bélicos e que podedes levar en empréstito para casa.

      Ademais, repartimos as nosas mochilas viaxerias (incluídas no programa de Lecturas e familias) para repartir paz entre o alumnado con lecturas e películas que serviran para expandir os ideais necesairos para vivir nunha sociedade que rechace a violencia e acepte a todo o mundo, indendentemente de orixe, credo ou orientación.