04/06/25

Charlas a familias sobre nutrición

A nosa compañeira Silvia Méndez, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, deu unha charla sobre nocións básicas de nutrición ás familias, dentro do programa Lectura e Familias de Bibliotecas Escolares.

Fixemos unha comparativa de cómo eran os nosos hábitos alimenticios antes e cómo son agora. Elementos nocivos, aprendizaxe de lectura de etiquetas nutricionais, consellos sobre alimentación e liberación de tóxicos nos nosos útiles de cociña.



Estas son as lecturas recomendadas e que foron adquiridas grazas aos fondos do Programa Lectura e Familias:

Moitísimas grazas por ensinarnos tanto.

17/05/25

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano as celebracións focalizáronse na entrada do noso centro para celebrar a importancia da cultura popular galega.

Polo noso lado, adquirimos diferentes títulos relacionados coas cantareiras e pandeireteiras para dar a coñecer ao alumnado e que en breve permitiremos o seu empréstito. E tamén, como novidade, utilizáronse diferentes xogos durante os recreos de maio sobre a cultura, xeografía e historia de Galicia.



15/05/25

ESTREAMOS NOVA IMAXE

 CAMBIANDO DE IMAXE

Fai tempo que queriamos levar a cabo este cambio: cambiamos a imaxe das nosas fiestras con novos estores especiais posto que protexen aos nosos libros da luz do sol e tamén da calor excesiva. 

Este cambio foi posible grazas aos fondos PLAMBE.


23/04/25

23 de abril: día do libro

Este curso, para celebrar este día, decidimos realizar un obradoiro de marcapáxinas durante os recreos.

Ademais, a comunidade educativa puido disfrutar dunha exposición na entrada do centro realizada polos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.


28/03/25

Xogando a ser arqueólogos

Durante a segunda avaliación, o alumnado de 1ESO recuperou a actividade na biblioteca do curso pasado de replicar diferentes tipos de escritura pertencente á Idade Antiga e Medieval: cuneiforme, sobre papiro e en pergamino.

Como novidade, experimentaron a pequena escala o que é sentirse un especialista en arqueoloxía.