09/06/25

Analizando un país con 3ESO

 Ao longo de todo o curso, o alumnado de 3ESO tiveron que realizar un estudo analítico sobre diferentes aspectos xeográficos, políticos, económicos e socio-culturais dun país escollido por eles e realizar unha presentación (escollendo preferentemente para realizala a aplicación Canva).

Despois, tiveron que expoñer en clase este traballo.











05/06/25

Xornadas de transición

 

 CON GANAS DE QUE FORMEDES PARTE DO NOSO CENTRO!

No día de hoxe viñeron a visitarnos o futuro alumnado do CEIP Portofaro e Wenceslao Fernández Flórez. Para que coñezan o que será o seu novo centro o curso próximo organizáronse varias actividades nas que participou toda a comunidade educativa.

Non hai mellor maneira para saber desenvolverse nas nosas instalacións que facer unha xincana ambientada no mundo das novelas policiacas e de misterio. Entre as diversas paradas que tiveron que facer para conseguir resolver o crime, estivo a nosa biblioteca.

Nesta ocasión, tiveron que buscar un libro moi especial, escrito por aquela coñecida como a raíña do misterio e cuxo título tiña que ver co noso espazo. A autora non podía ser outra que Agatha Christie con "Un cadáver na biblioteca".




 

04/06/25

Charlas a familias sobre nutrición

A nosa compañeira Silvia Méndez, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, deu unha charla sobre nocións básicas de nutrición ás familias, dentro do programa Lectura e Familias de Bibliotecas Escolares.

Fixemos unha comparativa de cómo eran os nosos hábitos alimenticios antes e cómo son agora. Elementos nocivos, aprendizaxe de lectura de etiquetas nutricionais, consellos sobre alimentación e liberación de tóxicos nos nosos útiles de cociña.



Estas son as lecturas recomendadas e que foron adquiridas grazas aos fondos do Programa Lectura e Familias:

Moitísimas grazas por ensinarnos tanto.

17/05/25

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano as celebracións focalizáronse na entrada do noso centro para celebrar a importancia da cultura popular galega.

Polo noso lado, adquirimos diferentes títulos relacionados coas cantareiras e pandeireteiras para dar a coñecer ao alumnado e que en breve permitiremos o seu empréstito. E tamén, como novidade, utilizáronse diferentes xogos durante os recreos de maio sobre a cultura, xeografía e historia de Galicia.



15/05/25

ESTREAMOS NOVA IMAXE

 CAMBIANDO DE IMAXE

Fai tempo que queriamos levar a cabo este cambio: cambiamos a imaxe das nosas fiestras con novos estores especiais posto que protexen aos nosos libros da luz do sol e tamén da calor excesiva. 

Este cambio foi posible grazas aos fondos PLAMBE.