27/10/07

M.C.ESCHER: a maxia do imposible



Nos vindeiros días, alumnado do centro acompañado polo profesorado de Matemáticas visitará en Lugo unha exposición sobre M.C. Escher.

26/10/07

Hallow....que??


hallow....que??

PERO TI EN QUE PAÍS VIVES ?

ESTAMOS NO TEMPO DO
SAMAÍN
Trae a túa cabaza labrada e levarás un premio!!!
Equipo de Normalización Lingüística
IES Afonso X O Sabio. A Barcala Cambre

24/10/07

Exposición "Cartografía histórica de Galicia"

Co gallo do Día da Biblioteca, inaugurose o 24 de outubro a exposición "Cartografía histórica de Galicia" na Biblioteca. A exposición consta de dez reproduccións facsímiles de mapas, cartas naúticas e planos de Galicia, comprendidos entre o século XVI e principios do século XIX. Cada documento vai acompañado dunha ficha explicativa tanto do seu contido como das súas características técnicas (impresión, escalas, referentes de lonxitude, etc)

20/10/07

As películas de outubro

Este mes a Biblioteca amósavos as súas novas adquisición de películas para este trimestre.
Lembrade que podedes visitar a sección de As nosas películas ondes tedes información sobre moitos filmes.

Ademais recoméndamosvos tres:

Diarios de motocicleta: Hai xa 40 anos da morte do “Che” Guevara. Descúbreo nesta película cando aínda non era o “Che”



El mercader de Venecia:
Al Pacino, Jeremy Irons, Joseph Fiennes, Dustin Hofman e... Shakespeare.




El Club de los Poetas Muertos:
As clases de literatura poden ser distintas. A poesía pode servir para a vida.