07/05/10

Semana das Letras (II): Publicacións sobre Uxío Novoneyra

Como anticipo á exposición que se inauguaráo vindeiro luns, podemos ver hoxe o folleto que se repartirá ao alumnado sobre Uxío Novoneyra, realizado desde a Biblioteca e en colaboración co ENDL:





Tamén podedes apreciar o traballo feito desde o IES Porto do Son:




E o fermoso do CPI O Progreso de Catoira:

06/05/10

Semana das Letras (I): Webquest sobre Uxío Novoneyra

Como ven sendo habitual dende hai xa algúns anos, O Segrel do Penedo (IES de Fene) e Biblioafonso, e como unha máis das actividades encamiñadas á alfabetización en información (ALFIN) do noso alumnado e que sistemáticamente se están a desenvolver en ambos os dous centros, vimos de elaborar unha webquest dirixida ao alumnado da ESO na que tentamos facer un percorrido sobre a figura de Uxío Novoneyra e a Galicia que lle tocou vivir a este escritor, referente da nosa cultura e a nosa lingua, a quen se lle adica este ano o Dia das Letras Galegas.

Webquest Uxío Novoneyra

Fomento da Lectura: DesconxeLe

Nova campaña de Fomento da Lectura: "DesconxLE: Les e Listo. Non caduca".



"A lectura de libros galegos é un acto que nos identifica"

...Celebremos o Día das Letras Galegas mergullados/as nun libro galego e continuemos esa experiencia todos os días. Lermos en galego é un acto subversivo pois é unha maneira de rebelión. Tamén é un acto revelador porque imos descubrir unha riqueza que nos emocionará, sorprenderá e impresionará. Nós, os lectores e as lectoras, tamén necesitamos os escritores e escritoras pois conforman a nosa identidade cultural. Fan que as nosas referencias literarias sexan propias e orixinais.

En maio, e todo o ano, debemos defender a nosa lingua e tamén a nosa literatura. A mellor maneira é séndomos militantes da cultura galega. O noso orgullo de sermos galegos e galegas debe manifestarse nos nosos actos cotiáns. A lectura de libros galegos é un acto que nos identifica. A cultura non debe ser só palabras senón tamén feitos. Feitos como mercar libros galegos, música galega, arte galega, porque iso tamén forma parte do noso compromiso e da nosa vida...

Mónica Pazos Martínez. " A lectura de libro galegos é un acto que nos identifica" en Terra e Tempo.

Lecturas na Biblioteca: anacos e flechazos

Iniciamos na nosa biblioteca un ciclo de recitais baixo o lema “Anacos e flechazos”. Fragmentos, frases ou poemas curtos que amamos e desexamos compartir, coa intención apenas disimulada de contaxiar o “virus”.

Disfrutamos do teatro (Molière, no vídeo), da poesía (no vídeo), da narrativa. Recitaron adultos (docentes e non docentes) e estudantes (da Eso e do
Bacharelato). Contamos nesa ocasión cunha creación propia dun alumno de 1º de Bacharelato. O público, moi atento, expresou a súa ledicia.

Haberá máis!





04/05/10

Terceiro aniversario!!!


Esta semana, Biblioafonso, o blog da biblioteca O Bosque Animado fai os seus tres primeiros anos de vida. No presente curso superaremos a media dos anos anteriores de 80 artigos por curso o que supón máis de tres entradas á semana. Ademais os blogs do Club de Lectura O Bosque Animado están máis vivos ca nunca (case 100 post)

Este curso Biblioafonso estase caracterizando polas novidades:

-na redacción das entradas coa participación do alumnado,
-na organización do blog con máis ligazóns de carácter documental e divulgativo,
-no traballo conxunto do Programa ARCE,
-no uso de máis ferramentas da web 2.0. ao inaugurar o noso

-Twitter,
-a canle en
Youtube e,
-esta semana do aniversario, o noso
Facebook.

Mais se estamos realmente contentos é por participar na rede colaborativa extraordinaria das Bibliotecas Escolares Galegas, tanto dos pequechos e dos grandes que diría unha amiga .