25/05/13

23 de abril. Día do libro


Estas son as imaxes do acto que fixemos no centro o día do libro que estivo adicado a Antonio Machado e a súa obra e contexto histórico. como vedes moitos dos nosos rapaces participaron no acto, concretamente todos os cursos da eso e 1º de bacharelato

09/05/13

Machado, biografía

Un dos nosos compañeiros fixo esta biografía de A. Machado  usando partes dos seus poemas para ilustrala. Fixemos un issu que vos deixamos abaixo

04/05/13

Machado e a súa obra

Nesta entrada tedes un documental que emitiu TVE sobre a obra do poeta




01/05/13

Día do libro

Este ano adicamos o día do libro ó poeta Antonio Machado. Un dos nosos compañeiros fixo unha mostra do contexto histórico que tedes abaixo nun issuu.

11/04/13

Jose Luis Sampedro


“Sin libertad de pensamiento, la libertad de expresión no sirve de nada”


José Luis Sampedro: 96 anos de lucidez e compromiso.
Nacido en Barcelona no 1917, foi economista, narrador, profesor universitario, ensaista, pensador. Un humanista.  Residiu en diversas cidades españolas; sendo neno, viviu en Tánxer, feito que lle proporcionou un achegamento á cultura árabe reflictido nalgunas das súas obras. Crítico coas consecuencias do neoloberalismo  e do “capitalismo salvaxe” foi referente do movemento indignado. Escribiu o prólogo da edición española do libro ¡Indignaos! de Stéphen Hessel. Membro da RAE dende 1990, entre outras distincións foi galardoando co Premio Nacional das Letras e 2011 e co Premio Internacional Menéndez Pelayo no 2010. Da súa producción  novelística destacamos: Congreso en Estocolmo (1951), El río que nos lleva (1961), Octubre, octubre (1981), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990), El amante lesbiano (2000), Cuarteto para un solista (2011). Como ensaista, Conciencia del subdesarrollo (1973), El mercado y la globalización (2002) ou Economía humanista (2009).