22/12/20

máis literatura e cine

 

PRIMEIRA LECTURA DO CLUB DE LITERATURA E CINE 
DE 1º e 2º ESO

    




   Estamos preparando todo para comezar co clube despois do NAdal. Para iso, necesitamos a vosa colaboración pois queremos que escollades a primeira lectura coa que iniciar esta nova andaina. 

    Os alumnos interesados de 1º e 2º ESO tedes que cubrir o seguinte cuestionario:


    Vémonos o luns 11 de xanerio ás 12:10.

literatura e cine

 PRIMEIRA LECTURA DO CLUB DE LITERATURA E CINE DE 4º ESO e 1º BACHERELATO

     




    A nosa intención é comezar co clube de literatura e cina á volta do Nadal. Por iso, necesitamos da vosa colaboración. A vosa opinión é fundamental para comezar esta andaina na literatura comparada. Todos os que esteades interesados en formar parte do clube tedes que cubrir o seguinte cuestionario.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdq5gF33M9nfrt2DvRCiHk11zrNSlV4Upta5MQXEzcDYcJ1uA/viewform?usp=sf_link

     Agradecemos de antemán o voso interese e as vosas ganas de formar parte do clube. Estamos emocionados pola acollida.

02/12/20

máis manga

MÁIS MANGA


    Tras meditalo moito e, sobre todo, tendo en conta o clamor popular, crearemos outro club de manga. Nesta ocasión, estará dirixido ao alumnado de 1º e 2º ESO.

    Ademais, necesitamos da nova colaboración. Todos os que esteades interesados tedes que cubrir o seguinte cuestionario. A vosa opinión será fundamental para poder iniciar esta apasionante andaina.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-bNCCHGiBI9avi6FDHyvpV9fU6iB4GDbaAP49-a7RsqfJDg/viewform?usp=sf_link:  

29/11/20

club de manga

 CLUB DE MANGA

 

   Estamos preparando todo para comezar co clube de manga. Para iso, necesitamos a vosa colaboración pois queremos que escollades a primeira lectura coa que iniciar esta nova andaina. 

    Os alumnos interesados de 3º e 4º ESO tedes que cubrir o seguinte cuestionario:

https://forms.gle/3RhAqUmMqmpiLFzc6


09/11/20

club de lectura

 DESCUBRE A MAXIA DE COMPARTIR AS LECTURAS. APÚNTATE AO CLUBE DE LECTURA

 

    Este ano no que é tan necesario algo de normalidade comeza a andaina de varios clubes de lectura de diferente temática:

    • Clubes de literatura e cine: dirixidos ao alumnado de toda a Secundaria e 1º BACH e coordinado por Iria Collantes (profesora de lingua castelá e literatura).
    • Clube de manga: dirixido ao alumnado de 3 e 4º ESO e coordinado por Sarah  (profesora de lingua francesa).
    • Clube de lectura cooperativa: dirixido ao alumnado de 1º ESO e 3ª PMAR e coordinado por Milagros Gómez (profesora de lingua castelá e literatura).
    • Clube de literatura universal: dirixido ao alumnado da materia de Literatura Universal de 1º BACH coordinado por Rosa Maceiras (profesora de lingua castelá e literatura).
    • Clube de artes escénicas: dirixido ao alumnado da materia Artes escénicas e danza de 4º ESO e coordinado por Beatriz Alonso (profesora de Música).
    • Clube Apología de un matemático: dirixido ao alumnado de Matemáticas Académicas de 4º ESO e 1ª BACH e coordinado por Eduardo Dorrego (profesor de Matemáticas). 

    Seguro que entre tanta variedade hai algún que vos interesa. Animádevos e apuntaros mandando un correo a biblioteca@iesafonsoxcambre.com ou falando co profesor que leva o clube no que queredes estar.