31/01/24

30 xanerio:día da paz e a non violencia

DIN NON Á VIOLENCIA



      Na celebración do día da paz tiveron lugar na biblioteca os primeiros encontros de Bibliotecas humanas nas que visitaronnos persoas de nacionalidades que na actualidade están en conflicto (Ucrania, Palestina) para que o noso alumnado coñeza de primeria mán os horrores da guerra. 

        Relacionado co non á violencia, os membros dos clubs de lectura fixeron unha escolma de obras do noso catálogo no que se aborda desde diversas perspectivas os conflictos bélicos e que podedes levar en empréstito para casa.

      Ademais, repartimos as nosas mochilas viaxerias (incluídas no programa de Lecturas e familias) para repartir paz entre o alumnado con lecturas e películas que serviran para expandir os ideais necesairos para vivir nunha sociedade que rechace a violencia e acepte a todo o mundo, indendentemente de orixe, credo ou orientación.  



22/12/23

 RESPÍRASE NADAL


      No centro despedidos o ano por todo o alto. Moitos foron os que se achegaron á biblioteca e decidiron cruzar o umbral da nosa porta.

          
      Así puideron desfrutar de todo o que tiñamos preparadas para celebrar o Nadal.  Estivemos moi entretidos pois realizamos varios obradoiros para crear os nosos propios adornos empregando materiais reciclados. Ademais, preparamos as nosas propias postais para poder enviar ou incluír cos agasallos. 


         
  Tamén tivemos tempo para xogar oa bingo e desfrutamos dunha chocalatada para combatir o frío.    


   E como non podía ser doutro xeito, os nosos voluntarios e os membros dos clubs crearon a árbore de recomendacións lectoras para as vacacións.


Por útlimo, deixámos máis suxestións para ler , ver e escoitar;

      
 
             Agora xa tedes moitísimas ideas para pedirlle ao apalpador e desfrutar neste merecido tempo de lecer ;) 

18/12/23

Celebra o nadal na biblioteca

CELEBRA O NADAL CON NÓS

        O espíritu do Nadal xa invadiu o noso centro e xa estamos a argallar todo tipo de obradoiros e actividades para celebrar estes últimos días de clase do 2023. Animádevos a participar.



      Ademais, xa podedes pasar polo vestíbulo para poñervos na pel do apalpador grazas ao equipo de Dinamización Lingüística e ao departamento de Lingua Galega.





15/12/23

día do otaku

 CELEBRA O DÍA DO OTAKU


        Se che gusta o manga, o anime e , en xeral, todo o relacionado coa cultura xaponesa o 15 de decembro está sinalado no teu calendario por ser o día do otaku
          Desde a biblioteca, organizamos o segundo concurso de cosplay para conmemorar esta data. Para poder participar só tedes que mandar unha foto cun cosplay do teu personaxe favorito ao correo da biblioteca, indicando nome, apelidos e curso. Esperamos as vosas fotos!


27/11/23

25N Non á violencia machista

25N: contra a violencia machista 

           

      Con motivo do día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º ESO e 3º ESO estivo traballando na biblioteca no proxecto do departamento de Lingua Castelá Fai visible o invisible. Para iso, buscaron e analizaron situacións da vida cotidiá e expresións da nosa linguaxe que se empregan sen darse conta de que son actitudes ou expresión machistas que temos que facer desaparecer.

      O resultado deste labor crítico materiolizouse nunha exposición que podedes visitar na entrada da biblioteca. Tamén podedes entrar a coller os trípticos informativos sobre a violencia machista que elaboramos para solventar calquera dúbida que teñades sobre este tema


      Ademais, desde a biblioteca fixemos unha escolma de lecturas que abordan esta temática para que podades darvos conta de que a violencia sobre as mulleres é algo que acontece máis do que pensamos


      
      Ademais, no recreo toda a comunidade educativa deixou clara a súa postura ao xuntarse no vestíbulo para dicir ben alto non á violencia