21/12/24

Bo Nadal

 BO NADAL


No centro despedidos o ano por todo o alto. Moitos foron os que se achegaron á biblioteca e decidiron cruzar o umbral da nosa porta.

        
Así puideron disfrutar de todo o que tiñamos preparadas para celebrar o Nadal. Realizamos varios obradoiros para crear os nosos propios adornos empregando materiais reciclados. Ademais, preparamos as nosas propias postais para poder enviar ou incluír cos agasallos. 


 
  
Por último creamos a árbore de recomendacións lectoras para as vacacións.


20/12/24

Volven as mochilas viaxeiras

Á volta de Nadal repartiremos as nosas mochilas viaxerias (incluídas no programa de Lecturas e familias) para compartir lecturas entre o alumnado con libros e películas.  

16/12/24

Traballando na biblio

O mundo antes da I Guerra Mundial

En 4ESO realizaron no primeiro trimestre unha infografía sobre a casuística previa anterior á I Guerra Mundial de diferentes potencias involucradas posteriormente nese conflicto. Este foi o resultado:









01/11/24

Concurso fotográfico 25N

 CONCURSO FOTOGRÁFICO 25N

     
Outro ano máis regresa o noso concurso. Anímate a participar.


 



Samaín 2024

 

SAMAÍN 2024

De novo puidemos achegarnos ao medo e as tradicións do Samaín ao longo de todo o centro. Así quedou a nosa biblioteca grazas á colaboración do alumnado de 4ESO D:



Como todos os anos, apareceu no vestíbulo do centro o Camposanto no que se colocaron todas as lápidas que participaron no concurso organizado polo equipo de Normalización Lingüística, que tivo gran acollida.

Tamén, volveu a percorrer a Santa Compaña as clases e os corredores do noso centro en busca de almas perdidas que foran con ela ata o Alén. 

Ademais, Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua galega organizaron outra edición de portas terroríficas. O alumnado de 1º e 2º da ESO decoraron as portas das súas clases con lendas galegas tradicionais como o home peixe, Maricastaña, a tía Xoana ou Santa Compaña.

O alumnado de 2BACH gravou podcast sobre lendas misteriosas da cultura tradicional galega. 
    Se queredes continuar co Samaín pola vosa conta, ademais das lecturas que vos propoñemos, podedes consultar no noso catálogo a lista de recomendacións terroríficas.