31/01/25

30 de xaneiro: día da ilustración


Esta edición de 2025 vai dedicada a Xosé Vizoso, que é o primeiro autor homenaxeado en vida.

Propuxemos ao alumnado de 2ESO que reinterpretasen a súa obra e esta é unha pequena mostra do que fixeron.




30/01/25

30 de xaneiro: día da paz e a non violencia

 

DIN NON Á VIOLENCIA



O equipo de biblioteca fixemos unha escolma de obras do noso catálogo no que se aborda desde diversas perspectivas os conflictos bélicos e que podedes levar en empréstito para casa.




21/12/24

Bo Nadal

 BO NADAL


No centro despedidos o ano por todo o alto. Moitos foron os que se achegaron á biblioteca e decidiron cruzar o umbral da nosa porta.

        
Así puideron disfrutar de todo o que tiñamos preparadas para celebrar o Nadal. Realizamos varios obradoiros para crear os nosos propios adornos empregando materiais reciclados. Ademais, preparamos as nosas propias postais para poder enviar ou incluír cos agasallos. 


 
  
Por último creamos a árbore de recomendacións lectoras para as vacacións.


20/12/24

Volven as mochilas viaxeiras

Á volta de Nadal repartiremos as nosas mochilas viaxerias (incluídas no programa de Lecturas e familias) para compartir lecturas entre o alumnado con libros e películas.  

16/12/24

Traballando na biblio

O mundo antes da I Guerra Mundial

En 4ESO realizaron no primeiro trimestre unha infografía sobre a casuística previa anterior á I Guerra Mundial de diferentes potencias involucradas posteriormente nese conflicto. Este foi o resultado: