21/02/25

Os mandatos do meco

 

 O MECO MANDA...

Outro ano máis o Meco volveu a aparecer no vestíbulo do noso centro para darnos instrucións sobre o que temos que facer nos días previos ao festival de Entroido. Ten moitas ganas de troula e vós?

 
Para que vaiades preparnado todo, aquí tedes os mandatos de esta ano. Tomade boa nota: 





13/02/25

Namórate da lectura

 

  CITA CUN LIBRO = BOA IDEA

Para a celebración de San Valentín, agasallaremos a aquelas persoas que fagan empréstamos na nosa biblioteca cunha doce sorpresa.



31/01/25

30 de xaneiro: día da ilustración


Esta edición de 2025 vai dedicada a Xosé Vizoso, que é o primeiro autor homenaxeado en vida.

Propuxemos ao alumnado de 2ESO que reinterpretasen a súa obra e esta é unha pequena mostra do que fixeron.




30/01/25

30 de xaneiro: día da paz e a non violencia

 

DIN NON Á VIOLENCIA



O equipo de biblioteca fixemos unha escolma de obras do noso catálogo no que se aborda desde diversas perspectivas os conflictos bélicos e que podedes levar en empréstito para casa.




21/12/24

Bo Nadal

 BO NADAL


No centro despedidos o ano por todo o alto. Moitos foron os que se achegaron á biblioteca e decidiron cruzar o umbral da nosa porta.

        
Así puideron disfrutar de todo o que tiñamos preparadas para celebrar o Nadal. Realizamos varios obradoiros para crear os nosos propios adornos empregando materiais reciclados. Ademais, preparamos as nosas propias postais para poder enviar ou incluír cos agasallos. 


 
  
Por último creamos a árbore de recomendacións lectoras para as vacacións.