17/05/25

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano as celebracións focalizáronse na entrada do noso centro para celebrar a importancia da cultura popular galega.

Polo noso lado, adquirimos diferentes títulos relacionados coas cantareiras e pandeireteiras para dar a coñecer ao alumnado e que en breve permitiremos o seu empréstito. E tamén, como novidade, utilizáronse diferentes xogos durante os recreos de maio sobre a cultura, xeografía e historia de Galicia.



15/05/25

ESTREAMOS NOVA IMAXE

 CAMBIANDO DE IMAXE

Fai tempo que queriamos levar a cabo este cambio: cambiamos a imaxe das nosas fiestras con novos estores especiais posto que protexen aos nosos libros da luz do sol e tamén da calor excesiva. 

Este cambio foi posible grazas aos fondos PLAMBE.


23/04/25

23 de abril: día do libro

Este curso, para celebrar este día, decidimos realizar un obradoiro de marcapáxinas durante os recreos.

Ademais, a comunidade educativa puido disfrutar dunha exposición na entrada do centro realizada polos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.


28/03/25

Xogando a ser arqueólogos

Durante a segunda avaliación, o alumnado de 1ESO recuperou a actividade na biblioteca do curso pasado de replicar diferentes tipos de escritura pertencente á Idade Antiga e Medieval: cuneiforme, sobre papiro e en pergamino.

Como novidade, experimentaron a pequena escala o que é sentirse un especialista en arqueoloxía.









20/03/25

21 marzo: día da poesía

 

 POETÍZATE


Coa primavera, chega o día da poesía. Aquí tedes algunhas ideas para que vos acheguedes ao mundo marabilloso da poesía: