29/09/07

Atréveste a ler sobre o pasado recente?

Biblioafonso comeza o novo curso facendo tres recomendacións para o alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos. Son tres excelentes novelas sobre a II República, a Guerra Civil e O Franquismo. Tres novelas que aportan unha nova mirada sobre o noso pasado.

O escritor burgalés Oscar Esquivias sorprendeu á comunidade lectora hispánica, en 2005, coa publicación da súa cuarta novela Inquiteud en el Paraíso, unha obra na que enlazada dúas tramas paralelas: o ambiente de Burgos nas semanas anteriores ao golpe de estado de xullo de 1936 (a esperanza revolucionaria, a trama golpista, o desencanto político, a influencia da igrexa...), coa intención dun sacerdote de viaxar "fisicamente" ao purgatorio a través dun camiño secreto existente na catedral.
Este libro, publicado na coruñesa Ediciones del Viento, é o primerio dunha futura triloxía, da que xa publicou a segunda parte La ciudad del Gran Rey.

A Guerra Civil, os “paseos”, as torturas, as violacións, a División Azul, os nazis, visto desde o lado dos sublevados, dos asasiños, dos torturadores, dos violadores, dos voluntarios en Rusia e dos fascistas. A nova novela de Suso de Toro é unha reflexión pertubadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos. Un home sen nome nun hospital conta a súa arrepiante biografía centenaria. A presenza de Celia, unha xove guionista, levará ao vello a confesar, sen rastro de arrepentimento, a súa participación en múltiples fusilamentos, torturas, violacións... ¿Que razons poden levar a unha persoa a xustificar os asasiñatos, as torturas, as violacións?



A última novela de Almudena Grandes é unha gran novela, e non só pola súa estensión (máis de 900 páxinas) senón porque crea unha sorprendente trama na que xurden con toda a crudeza do pasado a Guerra Civil, as súas vítimas e os seus verdugos, a vida no exilio, o roubo das propiedades dos perdedores, o amor, o engano, a presenza en Rusia de españois durante a II Guerra Mundial, a participación na resistencia francesa durante a ocupación nazi... Mais tamén, os anos da Transición, coa amnesia colectivamente aceptada. Historias de varias familias que se proxectan sobre o presente, entrecruzándose e converxendo dun xeito dramático e sorprendente.

Lembra que estes e outros libros podes atopalos na nosa sección de Recomendacións .

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Das tres novelas, lin "Inquietud en el Paraíso" (agasallo dun AMIGO) e agora estou con "El corazón helado". Parécenme dúas boísimas recomendacións, así que imaxino que a terceira será igualmente boa. Tomo nota dela...

Anónimo dixo...

É curioso como se dan as coincidencias como si estivesemos na mesma onda, hoxe ía facer eu un comentario sobre "El corazón helado", que é un libro que ademais será lectura recomendada pola profesora de historia para os seus alumnos de bacharelato.
Gustame esto de estar en sintonía con vos.
MOITOS SAUDOS