26/09/07

MOITAS GRAZAS POLA CONFIANZA

Comezamos o novo curso cunha boa nova.


Na enquisa feita ao alumnado de secundaria deste instituto a final do curso 2006/2007, a biliblioteca resultou ser o servizo educativo máis valorado.

¡MOITAS GRAZAS!

Isto demostra que o alumnado coñece a Biblioteca e que gústalle como funciona, ademais proporciónanos novos folgos para continuar e mellorar as actividades de dinamización. Agardamos que os novos proxectos que temos para o curso (ciclos de curtametraxes, lecturas dramatizadas, recitais poéticos, utilización do blog como ferramenta pedagóxica…) sexan do seu agrado.

A enquisa, realizada dun xeito anónimo, tiña por obxectivo coñecer o grao de satisfacción dos nosos usuarios e usuarias sobre os servizos que reciben. Deste xeito responderon a preguntas sobre o ensino-aprendizaxe e sobre o funcionamento de diversos aspectos do centro.

No apartado de ensino-aprendizaxe o máis valorado foi a ambiente de convivencia nas clases e no instituto. En canto o funcionamento xeral do IES, a limpeza en aulas, no exterior e nos corredores resultou ser o que máis preocupa, mentres que no senso positivo valorase ben o labor da cafetería e da conserxería.

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Parabéns a Toño e a tod@s os que facedes da vosa Biblioteca un punto de encontro. Estas son as satisfaccións que nos axudan a continuar nesta andaina.
Unha aperta!!

Gabachita dixo...

Soamente dicir unha cousa:

A verdade sae da boca d@s nen@s!

Esta enquisa é unha proba do ben q o estades a faSer.

Noraboa!

olga dixo...

Esta opiniòn dos usuarios/as ten moito màis valor se pensamos que o servizo da biblio dentro dun centro educativo è opcional: pode ofrecerse ou non. Non ocorre asì con outros.
Por esto: que sexa ofrecido dun xeito voluntario, e que se faga con esa calidade tan valorada polos usuarios... por ESO...
¡¡parabens a todo ese equipo!! e especialmente ó seu coordinador.