30/01/08

M. C. Escher

A biblioteca "O bosque animado" ten o gusto de invitarvos á exposición que sobre M.C. Escher e a percepción pódese contemplar no seu local.
A obra do holandés Maurits Cornelis Escher( 1898-1972) é de difícil clasificación. As técnicas que emprega no seu traballo artístico son múltiples e variadas. A temática poderíase agrupar frases como "debuxar é un engano" "a exploración da perspectiva", "mundos imposibles", "mundos simultáneos", "cristais e construcións", "o infinito".
O seu mundo máxico, a súa capacide expresiva, a súa habilidade técnica, estanvos agardando na Biblioteca.
A exposición foi preparada conxuntamente co Departamento de Debuxo.

1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

Que boa pinta!
Esta exposición lémbrame outra de hai algúns anos que levaba por título: "Escher, a maxia do imposible"
Eran os principios dun traballo colaborativo que aínda hoxe continúa...
Bicos dende Fene.