Na xornada anterior á celebración do día das Letras Galegas, a biblioteca "O bosque animado" inaugurou a exposicón Castealo: debuxos de negros. Son unha ducia de láminas que veñen introducidas polo seguinte texto de Domingo García -Sabell:
“Alfonso Daniel Rodríguez Castelao –sinxelamente, Castelao para nós os galegos- foi un grande artista creador, e un ilustre patriota, que nace una pequena vila mariñeira de Rianxo, nas Rías Baixas, en 1886.A súa vida percorre en dous ritmos contrarios. Un, lento, tranquilo, de traballo cotián, no medio natural, Galicia, que comprende aproximadamente o lapso de tempo entre 1909 –primeiras exteriorizacións da súa arte de debuxante- e 1936. O segundo, moi axitado, inquedante, ateigado de loitas, esperanzas e morriñas, vai dede 1936 deica 1950, no cal ano, un 7 de xaneiro, finou una cidade de Bos Aires. O desacougo persoal de Castelao neses catorce derradeiros anos non impediu, máis ben facilitou, pola virtude da súa distendida carga espiritual, o florecer de novas caras da súa arte.
Os debuxos de negros, feitos en Cuba e en Norteamérica, en 1939, son sen dúbida unha das expresións máis verdadeiras, e máis patéticas, da creatividade do artísta.” Domigo García-Sabell (1970)
Ningún comentario:
Publicar un comentario