20/12/09
Novas adquisicións: De Madonna al canto gregoriano

14/12/09
Jack London: como asaltar un tren
En 1894, non tendo mellor cousa que facer, Jack London bótase á estrada portando pouco máis que o seu propio asubío. Iso é o que conta neste libro. O plan era sinxelo: viaxar ata onde as forzas dos seus dezaoito anos o levaran, libre e sen compromiso, mendigando teito e comida, e, -as máis das veces-, fuxindo da policía e de canta autoridade se lle poñía por diante. Soa fermoso, si, pero tamén arriscado. Os apuros polos que pasa nun só día o trotamundos son incontables. Pero tamén o son as delicias desa vida, para aquel que naceu co espírito revolto dos aventureiros. É ou non é así? “He pasado noches horribles en mi vida recorriendo metrópolis infernales, durmiendo en medio de un charco, o en medio de la nieve y cubierto por un par de mantas, cuando el termómetro registraba setenta y cuatro grados bajo cero; pero puedo jurar que jamás en la vida he pasado una noche más miserable que la que pasé con el sueco en la taberna itinerante del Council Bluffs” (páx 139).

Pero neste libro non hai nin pinga dese amargo final. Aquí atopamos a un Jack London mozo, forte e lúcido, incapaz de se resistir ao engado da carretera, á súa beleza: “en realidad me hice vagabundo por la vida que llevaba dentro, por esas ansias de conocer mundo que no me dejaban descansar. (…) Comencé a hacer el camino porque no me podía alejar de él” (páx 145). E así vaise atopando con todo tipo de persoas, dende xente á que aborda e persuade para que lle dean de comer e vestir, ata tipos duros dispostos a lle esnaquizar os osos á menor oportunidade que lles dea. Chega incluso a formar parte do coñecido como “Exército da Fame”, unha marcha de máis de dous mil parados que viaxaban a pé ata Washington como protesta. Pero sen dúbida o que transforma a este home é pasar pola cadea. Alí pásaas canutas, e tócalle lidiar co peor, xa sexan presos ou gardas. Todo iso conflúe nunhas páxinas terribles que paga a pena ler, precisamente, polo que non é quen de escribir nelas.
10/12/09
O que estou lendo paréceme (IV): Vento ferido

Carlos Casares. Vento ferido. Editorial Galaxia.
Na miña opinión o libro resalta a violencia, a soidade, o amor ou a dor. É un libro para saber que a vida non é como a pintan os contos de Disney. É un libro un pouco forte pero reflicte a realidade das sociedades menos afortunadas.
Eu o recomendo para todas as persoas que lle guste ler libros realistas e duros xa que todos nos temos sentido identificados con algúns dos relatos.
Bea. 1º de Bacharelato
03/12/09
3º Terceiro Premio do Ministerio de Bibliotecas Escolares 2008

Onte, mércores 2 de decembro, unha representación da nosa Comunidade Educativa (Director, Secretaria e Dinamizador da Biblioteca) acudimos a Madrid a recoller o 3º Premio Nacional de Buenas Prácticas en Bibliotecas Escolares de 2008. O acto transcorreu na Biblioteca Nacional e el acudiron, ademais de representacións de todos os centro premiados, a Secretaria de Estado de Educación, a Directora Xeral de Cooperación Territorial e a Directora da Biblioteca Nacional. Temos que destacar que o único Conselleiro de Educación presente foi o de Galicia, acompañado polo Director Xeral de Centros. O único. Significará isto algo?
Tras a entrega dos diplomas acreditativos, o director do IES Vallecas-Magerit, en representación de todos os premiados, fixo un fermoso discurso sobre a importancia educativa e social das bibliotecas escolares. Pecharon o acto alumnos e alumnas dese centro vallecano mediante o recitado dun poema en quince linguas distintas, desde o castelán ao francés, desde o galego ao inglés, pasando polo ruso, árabe, guaraní, romanés… Estes alumnos e alumnas puxéronlle a emoción necesaria

Tras este acto e as fotos de rigor, recibimos como agasallo final a publicación onde se recollen uns artigos explicativos da biblioteca de cada centro.
Pola nosa banda recibimos o premio como un recoñecemento ao labor de moitos anos, como un recoñecemento a un labor en equipo e de toda a Comunidade Educativa. Recoñecemento que nos fan desde lonxe, desde moi lonxe. Mais o importante é saber de onde vimos, onde estamos e onde nos gustaría estar no futuro. Falta moito por facer…
Pero tamén entendemos este recoñecemento con un premio a todas as bibliotecas escolares galegas das que aprendemos, das que lles collemos anaquiños de ilusión, coas que compartimos problemas e actividades. Ademais, recollemos o premio coa ilusión de que na resolución desta convocatoria do ano 2009 sexan moitas máis as bibliotecas escolares presentes e recoñecidas.


02/12/09
A música da biblioteca 1: Eric Satie

Eric Satie (1862-1925) foi compositor, pianista de bar, escritor, membro da secta dos Rosacruz, rebelde de xove e estudoso da música da Idade Media de maior...
Satie riuse durante toda a súa vida. Creou as Pezas con forma de pera, as Pezas frias, as Gnossienne, as Gymnopedias... gustaba dos nomes divertidos que non lle recordasen a música da xente seria.
Unha vez dixo ao seu amigo Cocteau: "Quero escribir música para os cans, e xa fixen o meu deseño: A cortina subida a un óso".
Satie viviu precursor de todas as correntes do século XX. Foi minimalista, foi dadaista, foi futurista, foi surrealista...
Na biblioteca temos un CD adicado á obra de piano de Satie tocada polo pianista Patrick Cohen... anímaste a escoitala?.
Se estás interesado en Eric Satie podes atopar información nesta páxina.
01/12/09
PROGRAMA ARCE: Iniciamos os traballos
Durante os pasados días 25, 26 e 27 de novembro estiveron en Cambre tres profesoras e un profesor do IES Vallecas-Magerit de Madrid e do IES Siglo XXI de Sevilla. Con esta visita iniciamos o programa ARCE do Ministerio de Educación. Foron uns días de intenso traballo e de frutífera relación persoal. Traballouse moito e con fundadas expectativas de boa rendibilidade educativa.
Pero que é o programa ARCE? Que proxecto estamos a desenvolver?
O programa ARCE (Agrupamento ou Redes entre Centros Educativos) é un programa subvencionado polo Ministerio (para o noso centro con 8.200 euros) que pretende desenvolver actividades coordinadas entre centros de distintas comunidades autónomas.
A formulación de proxectos comúns busca, por unha banda, impulsar os intercambios entre os centros e a mobilidade de alumnos e profesores, contribuíndo á adquisición e mellora das súas aptitudes, non só nas competencias, áreas, ou temas nos que se centra o proxecto, senón tamén na capacidade de traballar en equipo. Por outra banda, preténdese consolidar redes educativas entre os centros participantes, todo iso en aras dunha mellora na calidade da educación.
O noso proxecto ten como cerne a biblioteca, de feito puxémoslle por título “A biblioteca escolar como recurso documental e punto de encontro” xa que pretendemos desenvolver actividades con alumnado nas que a biblioteca sexa o nexo de unión. Durante eses días de novembro o profesorado estivo traballando para elaborar un calendario de traballo, sempre pensando no alumnado, destinario da maior parte da axuda económica. Deste determinouse as datas de xuntanzas do profesorado (as seguintes serán en Sevilla e en Madrid) así como a que grupos irán destinadas as actividades (3º e 4º da ESO) e cando viaxará o alumnado para coñecer, e desenvolver traballos, aos compañeiros e compañeiras das outras comunidades. En abril do 2010 viaxarase a Madrid e en decembro dese ano a Sevilla. Recibiremos ao alumnado dos outros centros en marzo do 2011.
Para que o alumnado dos distintos centros se vaia coñecendo e para ter unha plataforma na rede como expositor dos traballos realizados, empregaremos unha rede Ning.
Foi un auténtico pracer compartir estes días con docentes ilusionados, cuns docentes que teñen bibliotecas escolares modélicas e cuns docentes que son unhas extraordinarias persoas.
Fotografías desde o IES Siglo XXI e vía Biblioteca do IES Vallecas Magerit.
A frase do mes

Traducido ao galego desde Juan Mata. "Bibliotecas, clubes, redes y otras fraternidades". En Lecturas en la red y redes en torno a la lectura. Salamanca, Fundación GSR, 2009. Cita da páxina 106.
29/11/09
O que estou lendo paréceme (III): Fundación

O libro en realidade me gusta porque nel os personaxes demostran intelixencia dunha forma que en poucos libros se amosa.
Na segunda parte do libro, trata das cousas, máis ben das crises que pasa a Fundación, como a que sucede cando o imperio galáctico perde o control da periferia e os pequenos reinos ameazan ao planeta Terminus que é o planeta onde está a Fundación.
Eu recomendo o libro porque me gustou e me mantivo en vilo ata que o rematei.
Alexandre Estalote
25/11/09
25 de Novembro: NON Á VIOLENCIA MACHISTA
Desde o blog amigo Mesturas do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, a compañeira Charo, permítenos amosar o seguinte traballo:
Extraordinario, non si?. Pois a reflexionar.
24/11/09
Guinness World Records 2010

Queres saber quen é a persoa que máis libro leu o ano pasado?
Todas estas solución e outras aínda máis “interesantes” poderás atopalas este “magnífico” e “imprescindible” libro.
19/11/09
O que estou lendo paréceme (II): La chica que soñaba con...

Nunca pensei que chegaría a ler un libro tan gordo e sen debuxos, é incrible o que pode chegar a engancharte un libro.
Os números de Millenium son todos dignos dun premio e non me falta ler ningún máis para sabelo. Esta obra mestra merécese ser lida por moita xente así que vos animo que, cando esteades mala, ou non saibades que facer, collades un dos libros desta saga e perdádevos nas súas incribles historias fantásticas.
11/11/09
Os profes tamén len
09/11/09
O que estou lendo paréceme (I): Las lágrimas de Shiva

Este libro me ha gustado mucho porque cuenta la historia de una persona (a la que le pasan distintos acontecimientos) porque es un libro que trata de misterios (como olores a nardos, apariciones de fantasmas…) y a mí los libros de este tipo me parecen muy interesantes. También me ha gustado porque en una parte del libro habla sobre un tema de la ciencia y de acontecimientos históricos del pasado. Esto y lo anterior (los misterios, los acontecimientos…) me parecen una buena forma de enganchar al lector para que siga leyendo.
En resumen, este libro me ha gustado porque me parece muy interesante por el tipo de historia que cuenta y yo creo que es un libro bastante conmovedor.
Respecto a la recomendación, yo lo recomendaría a las personas de mi edad (13-14) aunque crean que al principio es un rollo porque os aseguro que después engancha. Además porque me han encantado y me ha parecido muy interesante. Yo creo que a las personas mayores también les podría gustar porque esta lectura no es tan infantil como otras de cursos anteriores, a parte de las razones que ya he dicho antes.
Hugo del Valle. 2º ESO
03/11/09
A frase do mes

28/10/09
Desmontando armarios
Ao longo do curso 2008-2009 un grupo de docentes de distintos centros da zona participamos nun seminario permanente coordinado dende o noso IES e co título:
“A COMUNIDADE EDUCATIVA E A DIVERSIDADE AFECTIVO- SEXUAL".
Dentro da prevención da discriminación no centro educativo necesitamos tomar en serio a homofobia e o machismo coma un tipo moi específico de violencia escolar que necesita unha prevención e un tratamento especiais.
A diversidade afectivo-sexual, a adolescencia LGBT (Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais), necesita visibilizarse no curriculum e nos centros educativos, non quedar relegada o seu tratamento á boa vontade do profesorado formado e interesado. É necesario que A REALIDADE LGBT forme parte integral e visible do curriculum e que se trate específica e explicitamente nos diversos documentos do centro, nas diversas actividades do Instituto, etc.
Como membros do Seminario “A comunidade educativa e a diversidade afectivo- sexual” quixemos propoñer no noso centro educativo a inclusión da realidade LGBT na liña antes mencionada, porque é a primeira vez que a lei vai diante da sociedade, e ata que un/unha alumna/o poida gozar da famosa lei do matrimonio homosexual necesita medrar nun entorno socioeducativo libre de agresións homófobas e/ou sexistas (machistas) e sentirse segura/o.
A diversidade afectivo- sexual é unha das diferenzas a ensinar e respectar nos centros educativos, e para respectar a diversidade non hai nada tan importante como desmontar os estereotipos e prexuízos e profundar no coñecemento das diferenzas.
Sabemos que a atención á diversidade afectivo-sexual débese entender como outro tipo de diversidade á que hai que dar resposta co fin de establecer medidas necesarias para loitar contra a homofobia e o bullying homofóbico dentro do centro e levar a cabo actuacións concretas ante situacións de conflito xeradas por estas causas.
Nesta liña de actuación vimos de preparar unha selección de lecturas e unha exposición dos fondos documentais da biblioteca.
27/10/09
Bicos e disparos

Por certo, no cómic de Salamandra aparece ao final, nas últimas páxinas, o mesmo recurso de pechar con imaxes "reais".
É tempo agora de que ti opines por ti mesmo sobre un album que, ademais do dito, axuda a recoñecer que a pesar do que todos sabemos, nun país como Israel existe a autocrítica, e que trscende ás fronteiras...
26/10/09
Recomendacións de Literatura Galega

Unha xove periodista, sen pelos na lengua, dirixe un pequeño periódico que herdou do seu pai. Pero todo cambia para ela cando Bala Perdida, un pirata do Atlántico, a embarca nunca perigosa aventura na que terá que enfrontarse a un despiadado nazi.
Manuel Lourenzo González. O que é a vida. Xerai

“Teo Runner” o repartidor máis rápido do Interpizza, aproveita as súas asidas na Bultaco para emular os heroes cinematográficos e restaurar a orde e a xustiza na cidade. Na súa vida hai un lugar para a amizade, e de repente aparece o amor. Pero da orde e a xustiza tamén se ocupan os policía Santos e Palmeira, e tamén viven a amizade e o amor.
Xos

O autor recolle neste volumen ove dos seus mellares relatos de medo e terror. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos do ocultismo, o home peixe…, son algúns dos temas destes contos cheos de intriga que meten ao lector dentro de cada un dos relatos dos que dificilmente poderá fuxir.
Susan E. Hinton. Rebeldes. A

Escrita aos dezasete anos a autora relata a aventura na que se ven metidos un par de rapaces dos arrabaldes de Nova York por mor da inimizade entre bandas. Un paso traumático e consciente da adolescencia á madurez ao aprender leccións necesarias para a supervivencia.
Car

Unha ducia de relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla xa a mirada original, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector ou lectora para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo.
Domingo Villar. A praia dos afogados.

O último grande éxito editorial galego. Unha nova aventura do inspector Leo Caldas a partir da aparición dun morto nunha praia de Panxón que nos permite coñecer a este personaxe tras a súa aparición con Ollos de auga.
24/10/09
Día da Biblioteca Escolar


23/10/09
Un fin de semana para a formación docente


22/10/09
Novo álbum de Astérix e Obélix

Así, co seu pachorra habitual, exprésase o grandullón e comilón personaxe no álbum conmemorativo O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de Ouro (Salvat), que sae á venda este xoves ao prezo de 12 euros. A editorial lanzou 300.000 exemplares nas catro linguas oficiais: castelán, catalán, eúscaro e galego.
«Ao ver tan velliños a Astérix e Obélix dáme o pálpito de que Uderzo dá por concluído un ciclo; é unha intuición, pero creo que é unha despedida», dixo o tradutor Xavier Senin.
Albert Uderzo, quen aos seus 82 anos segue ao pé do canón, asina os debuxos dunha aventura que ten viñetas retrospectivas e chiscadelas a anteriores historietas. Os bocadillos e o guión pertencen a varias mans, pero hai un texto inédito de René Goscinny (faleceu en 1977) intercalado no medio do álbum.
Astérix e Obélix naceron o mesmo o día, o 29 de outubro de 1959, no primeiro número da revista Pilote. Cincuenta anos logo de Astérix o galo aparece entrégaa número 37 dunha serie que se traduciu a 107 linguas e da que se venderon máis de 350.000.000 de exemplares. España contribuíu con máis de dous millóns de copias nos últimos oito anos.
«Nesta nova aventura hai piratas, lexionarios romanos e tamén personaxes ilustres, como Julio César e Cleopatra», explicou Senin. Na versión española tivéronse que adaptar varios nomes propios, pois os coñecían en Francia, pero non en España», precisou o tradutor. «Un deles era un cantante e decidimos que fose Juan Pardo; tamén quixemos introducir a Chiquito da Calzada, pero os editores franceses prohibíronnolo, dicían que era rebaixar demasiado o nivel».
Tras o éxito de Astérix o galo apareceron A fouce de ouro, Astérix e os godos e Astérix gladiador, cun éxito cada vez máis crecente.
De cando en cando, o enxeño de Goscinny dedicábase a parodiar -con delicioso humor- a idiosincrasia dalgúns países. Así naceron Astérix en Bretaña (sátira impagable do carácter inglés), Astérix en Helvecia, Astérix na India ou Astérix en Hispania, con aquel Sopalajo de Arriérez e Torrezno, xefe dun poboado cuxo fillo, Pepe, é raptado polos romanos e conducido á Galia. Astérix e Obélix de encargasen de devolverlle ao seu fogar. «Coñezo a un historiador que di que coas aventuras destas personaxes apréndese máis xeografía e máis historia que con moitos dos libros que escribiron os seus colegas», comentou o tradutor.
Co diñeiro que gañaron, Uderzo e Goscinny crearon os famosos estudos de animación Studios Idéfix (en homenaxe ao can de Obélix). Pero a etapa de felicidade rompeu bruscamente o 5 de novembro de 1977 coa morte, aos 51 anos, de René Goscinny.
O álbum Astérix en Bélxica estaba aínda sen terminar. Uderzo decidiu continuar en solitario e en 1979 fundou Lles Editions Albert René.
Ao comezo do álbum conmemorativo, Anne Goscinny -filla do xenial autor- agradece a Uderzo que non deixe morrer á aldea. «Na túa voz, Astérix, resoa o timbre da miña. Polas miñas veas corre a túa tinta, polas túas corre o meu sangue», escribe unha filla que sente infinitamente agradecida ao comprobar que o seu pai «continúa vivo na memoria e no corazón de millóns de persoas».
01/10/09
A frase do mes

Cita recollida de Ditos sobre o libro e a lectura. Concello da Coruña, 2009, páx. 13
21/09/09
09/09/09
21/06/09
Un bosque animado
18/06/09
Recomendacións para o verán
Son unhas recomendacións organizadas polos grandes tramos educativos, nas que ademais de libros temos outras suxestións “Para compartir” como banda deseñada, música ou cine. Os libros son para todos os gustos e todas as idades. A partir de 12 anos poderedes atopar literatura clásica, actual, de aventuras, de misterio, de amor, de actualidade, poesía...
17/06/09
Ergonomía da lectura
Vía Frikitecaris.
11/06/09
Con Joan Manuel Gisbert
Non sabemos se o retraso na súa visita foi para facerse de rogar ou ben porque se cruzou un temporal o pasado 9 de febreiro. Xa naquel mes da invernía, preparáramos unha guía de recomendacións das súas obras, unha exposición dos seus fondos na biblioteca e un cartel conmemorativo, tal e como podedes lembrar en Biblioafonso.O caso é que pasou máis tempo do previsto co alumnado de 4º da ESO, lectores da súa afamada obra “El misterio de la isla de Tökland”.
Tras a fermosa e gaiolante presentación de Mª José Jove, esta personalidade das letras xuvenís do panorama español inundou de creazóns literarias o centro. Foron uns minutos sometidos á desbordante personalidade do autor, quen podía comezar falando dun tema, mais, cun dominio contundente dos substantivos e dos cualificativos, levarnos ata lugares insospeitados. A súa capacidade creadora quedou mais que demostrada.