17/01/09

Recomendacións para as familias

Coa chegada do novo ano a Biblioteca “O Bosque Animado” presenta unha nova selección de recomendacións e novidades destinadas ás familias do noso alumnado. Son novos libros que se suman á colección de fondos nos que os destinatarios e destinatarias son os pais e nais así como os docentes.
Tempo atrás xa elaboráramos outra Guía para as Familias que está dispoñible na sección "Guías de Lectura". Nesta oportunidade abórdanse temas como a adolescencia, o divorcio, a motivación, as relacións persoais no contorno familiar, os limites na educación e formación da mocidade, os conflitos na familia…

1 comentario:

Anónimo dixo...

Sempre dando no clavo, eu lin algúns destes e si axudan a tratar de entender ós nosos fillos e fillas adolescentes e ¡mira que é difícil........!!!