22/05/09

Celso F. Sanmartín no noso Instituto


O ENL, o Departamento de Galego e a Biblioteca presentaron na tarde do pasado 19 de maio, a actuación de Celso F. Sanmartín, contacontos profesional, ao alumnado de 1º da ESO en dúas sesións.


A súa actuación resultou moi do agrado de todos os alumnos e alumnas, sendo moi aplaudida. Centrouse na importancia da lituratura oral e dos contos que lle contaban os seus avós ademais doutros que foi recollendo por Galicia e mesmo no estranxeiro. A súa capacidade para capturar a atención do alumnado é soberbia. Un silenzo absoluto, unhas gargalladas inmensas.

A partir desa actuación motivadora a prol de fomentar o uso oral e escrito do galego, os nosos alumnos e alumnas, axudados polas súas profesoras, escribirán os seus propios contos ou historias, para, logo, contalas aos seus compañeiros e compañeiras de aula e mesmo nun festival que se deenvolverá o vindeiro mércores 27, coa particpación dos mellores de cada grupo.

6 comentarios:

Loly dixo...

Parabéns por esta fermosa iniciativa de achegar aos máis novos a literatura oral, unha das nosas tradicións. Con Celso sempre está asegurado o éxito.
Apertas dende Fene.

cyhtya dixo...

O CONTACONTOS FOI XENIAL CREÍAMOS QUE HÍA SER TOTALMENTE DIFERENTE COMO QUE NOS LERAN UN LIBRO OU ALGO PARECIDO.
NOLAS DÚAS TIVEMOS UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE FOI DIVERTIDISIMO OXALA SE VOLVA REPETIR ALGUNHA VEZ SERÍA XENIAL.

Anónimo dixo...

Gustoume moito o contacontos.

Expresábase moi ben.

Foi xenial

Anónimo dixo...

Gustoume moito foi alucinante,o que mais me gustou foi o do camesiño.
Espero que volva outro día.

Anónimo dixo...

Encantoume, e moi divertido, e os seus contos eran espléndidos, aínda que eran longos, desde que empezaba a conta-los ata que os remataba era todo interesante e gracioso, so lle podía faltar un pouco de fantasía.os seus contos podiaos facer en teatro , con mais persoas e disfrazándose para os rapaces e rapazas pequenas.
Espero volver a escoitar os seus conyos outro día.
Laura Corral Calvete.

Anónimo dixo...

foi alucinante,
eran moi graciosos,so q lle faltaba un pouco de teatro con mais persoas.