18/06/09

Recomendacións para o verán

Como en outros períodos de lecer, o conxunto das bibliotecas dos centros educativos de Cambre, e baixo a coordinación das bibliotecas municipais, elaboramos unha serie de recomendacións de lectura para as vacacións: “Este verán refréscate coa lectura”.

Son unhas recomendacións organizadas polos grandes tramos educativos, nas que ademais de libros temos outras suxestións “Para compartir” como banda deseñada, música ou cine. Os libros son para todos os gustos e todas as idades. A partir de 12 anos poderedes atopar literatura clásica, actual, de aventuras, de misterio, de amor, de actualidade, poesía...


3 comentarios:

Loly dixo...

Fantástico traballo colaborativo.
Feliz Verán cheo de Lecturas Compartidas!!

Anónimo dixo...

Que chulo.... eu cando sexa grande quero ser coma vós

Biblioafonso dixo...

Temos que recoñecer que nestas oportunidade todo o mérito é das compañeiras dos outros centros. Os parabéns son para elas e para as Bibliotecas Municipais.