Se a adolescencia implica un paso por unha idade difícil, de crecemento e cambio, o feito de ser gai o fai aínda máis complicado e duro. Durante esa etapa defínese a identidade, a orientación sexual e se desenvolven aspectos intelectuais, habilidades, relacións e decisións. Pero os adolescentes gais seguen estando moi sós e illados á hora de ter que enfrontar a súa sexualidade. Unha asignatura pendente que temos con eles.
Ao longo do curso 2008-2009 un grupo de docentes de distintos centros da zona participamos nun seminario permanente coordinado dende o noso IES e co título:
Ao longo do curso 2008-2009 un grupo de docentes de distintos centros da zona participamos nun seminario permanente coordinado dende o noso IES e co título:
“A COMUNIDADE EDUCATIVA E A DIVERSIDADE AFECTIVO- SEXUAL".
Dentro da prevención da discriminación no centro educativo necesitamos tomar en serio a homofobia e o machismo coma un tipo moi específico de violencia escolar que necesita unha prevención e un tratamento especiais.
A diversidade afectivo-sexual, a adolescencia LGBT (Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais), necesita visibilizarse no curriculum e nos centros educativos, non quedar relegada o seu tratamento á boa vontade do profesorado formado e interesado. É necesario que A REALIDADE LGBT forme parte integral e visible do curriculum e que se trate específica e explicitamente nos diversos documentos do centro, nas diversas actividades do Instituto, etc.
Como membros do Seminario “A comunidade educativa e a diversidade afectivo- sexual” quixemos propoñer no noso centro educativo a inclusión da realidade LGBT na liña antes mencionada, porque é a primeira vez que a lei vai diante da sociedade, e ata que un/unha alumna/o poida gozar da famosa lei do matrimonio homosexual necesita medrar nun entorno socioeducativo libre de agresións homófobas e/ou sexistas (machistas) e sentirse segura/o.
A diversidade afectivo- sexual é unha das diferenzas a ensinar e respectar nos centros educativos, e para respectar a diversidade non hai nada tan importante como desmontar os estereotipos e prexuízos e profundar no coñecemento das diferenzas.
Sabemos que a atención á diversidade afectivo-sexual débese entender como outro tipo de diversidade á que hai que dar resposta co fin de establecer medidas necesarias para loitar contra a homofobia e o bullying homofóbico dentro do centro e levar a cabo actuacións concretas ante situacións de conflito xeradas por estas causas.
Nesta liña de actuación vimos de preparar unha selección de lecturas e unha exposición dos fondos documentais da biblioteca.
Tamén se fixo unha selección de filmes con temática GLTB.
5 comentarios:
Una idea muy acertada y necesaria.
Un saludo desde O Porriño
Patricia
Parabéns. Tan necesario!!!!
Como sempre o Afonso X un paso por diante.
Parabéns!!
Grazas polas opinións.
Toño, os vosos armarios desmontados cada día me gustan máis. Eu vou coa vosa guía na man polo centro, e xa falei coa orientadora e con algúns compañeiros e imos montar, como parte do noso servizo de autopréstamo no vestíbulo, un armario pequeno de verdade cun cartel ben chulo e colocar todos os libros que recomendades para ver se, aos poucos, imos desmontando cousas casposas dunha boa vez. Mil grazas pola idea e polo traballo. Xa che contarei. Grazas polas fotos de Berlín que tamén utilicei. En fin...que son unha chupóptera de coidado.
Publicar un comentario