08/02/10

Club de Lectura 2010

( Ilustración de Safo)



Como outros anos -e van tres-, este curso volvemos a poñer en marcha o noso Club de Lectura de "O Bosque Animado", igual que en tantos outros institutos e colexios de Galicia.

Seis docentes de cinco departamentos distintos coordinaremos desde agora ata final deste curso esta actividade que pretende atraer ao maior número posible de persoas. Do que se trata é de ler libros, de ficción ou non, coa pretensión de compartir esa lectura, enténdase por isto o que se queira...

O Departamento de Francés comezará primeiramente co libro La vie de ma mère, de Thierry Jonquet. Dúas profesoras do Departamento de Inglés farán outro tanto coa obra Scotland, do escritor Richarad MacAndrew, do cal temos na nosa biblioteca títulos como A puzzle for Logan, Logan´s choice, etc.. Ambos departamentos pasarán máis adiante á lectura doutras obras...

O Departamento de Lingua Castelá centraráse nun clásico de Valle-Inclán, como é a coñecida Sonata de otoño, mais tamén nunha novela de éxito da periodista Rosa Montero: Historia del rey transparente (con CD musical incluído).

Pola súa parte, o Departamento de Relixión Católica coordinará ao tempo dous grupos debido á gran cantidade de persoas que quixeron unirse a este proxecto. Ambos grupos lerán dúas obras: Ibrahim e as flores do Corán, traducción ao galego da obra do recoñecido autor francés Eric-Emmanuel Schmitt, e El caballero de la armadura oxidada, archicoñecido e mil veces editado libro de Robert Fischer.

Para acabar, o Departamento de Filosofía -ou algo parecido a iso-, dará inicio en breve á lectura de Vida de este chico, relato autobiográfico novelado do escritor de contos estadounidense Tobias Wolff. Se o grupo sobrevive a esta embestida, ese departamento continuará con outras propostas, de Wolff (Vieja escuela), e talvez doutros, e non necesariamente escritores...

Boa caza...

Ningún comentario: