13/11/18

Exposición "Lugares para soñar"





Dende o 7 ata o 15 de novembro puidemos visitar na biblioteca do centro a exposición de Xeografía “Lugares para soñar”.

O alumnado de 1º ESO, como remate da unidade sobre as formas de relevo, presentou traballos sobre lugares singulares que podemos atopar no noso planeta.


Algúns dos lugares escollidos foron o Everest,  teito do mundo; as paradisíacas Illas Cíes; as fermosas fragas do río Eume, o lago  Hillier e a súa estrana cor rosada; ademais de covas, cascadas, icebergs e outros moitos lugares do mundo que nos gustaría visitar nalgunha ocasión. Son  lugares para soñar.





Ningún comentario: