O obxectivo da actividade era repasar os climas
do mundo, vexetación, fauna... e de paso, coñecer as diversas culturas e
costumes de zonas tan exóticas como Indonesia, Nepal, China ou Australia, entre
outros destinos.
Primeiro, cada parella escolleu un país do
mundo para visitar. A continuación, os rapaces e rapazas elaboraron os seus guións, realizaron unha pequena investigación sobre o
país escollido e lugares interesantes para visitar, e tras algúns ensaios... acción e a gravar!
A biblioteca foi o escenario de toda a
actividade. Alí colocamos os focos e o croma, o que nos permitirá editar o
vídeo, produto final da experiencia.
Pero o que fixo posible todo foi, sen dúbida, a
imaxinación e o entusiasmo amosado polos
rapaces e rapazas.
“Viaxar é un exercicio con consecuencias fatais
para os prexuízos, a intolerancia e a estreiteza de mente” (Mark Twain)
“O noso destino non é un lugar, senón unha nova
maneira de ver as cousas” (Henry Miller)
Ningún comentario:
Publicar un comentario