04/10/21

Benvida ao novo alumnado!

 

Damos a benvida ao novo alumnado de 1º da ESO recén chegado ao IES Afonso X O Sabio. 

A través dun vídeo, os afonso-reporteiros realizan un percorrido presentando os diferentes espazos do centro.  Deixámonos guiar por Roque, Candela, Gael, Paula, Carlos, Natalia  e Pedro para descubrir todos os rincóns: desde o vestibulo aos patios de recreo, pasando pola biblioteca, as aulas e mesmo pola cafetería.

É Paula Ferreiro, de 4º da ESO, a encargada de  presentarmos a biblioteca, un lugar de estudo e tamén un espazo onde levaremos a cabo moitas actividades neste curso 2021-2022 que comeza xa. 

O noso obxectivo é converter a biblioteca nun espazo lúdico onde o traballo e a diversión van da man. 

Este ano 2021 é especial para o noso IES, xa que conmemoramos o 800 anos do nacemento do rei Afonso X. Por iso, a figura do Rei Sabio, é o fío condutor desta reportaxe de benvida. 

Os afonso- reporteiros explícannos quen foi Afonso X, a súa obra e relevancia  na Idade Media. 

Desfrutade!

Ningún comentario: