Esta tarde tivo lugar a primeira sesión de "Negrísima" dedicada á novela negra nórdica. "La mujer de verde" de Arnaldur Indridasson foi o libro co que iniciamos o itinerario lector deste curso.
Nais, pais e docentes do IES Afonso X O Sabio reunímonos na biblioteca do centro para analizar e desmenuzar a trama desta novela que se desenvolve polas rúas da Reiquiavic. A partir do descubrimento duns ósos no barrio do Milenario, o pasado e o presente entremézclanse no caso que debe resolver o detective Erlendur Sveinson xunto aos seus axudantes Elinborg e Sigurdur Oli.
Os membros do clube resaltaron a paisaxe xélida e hostil sempre presente na obra así como o fenómeno das ventiscas... Sabedes que gran parte da poboación de Islandia ata hai uns anos tiña algún coñecido ou familiar que desapareceu nunha vestisca de neve?
A través do seguinte vídeo podemos imaxinarnos os diferentes escenarios onde transcorre a acción na que o maltrato, a violencia e os "asasinatos de almas" están moi presentes. Grazas ao poeta galego afincado en Islandia Elías Portela alias Elias Knorr, foron posibles estas imaxes:
E de Islandia á ría de Vigo. O seguinte título de "Negrísima" será "Ollos de auga" do autor galego Domingo Villar.
Vémonos o último martes de xaneiro a partir das 18.15 h na biblioteca do IES Afonso X O Sabio.
Grazas pola vosa participación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario