04/02/22

Negrísima: Ollos de auga

      

 

    Ollos de Auga, de Domingo Villar (2006) - O Xornalismo está nos Bares

Esta semana asistimos  a unha nova xuntanza do club de lectura de pais, nais e profes dedicado á novela negra. A lectura deste mes foi Ollos de auga, unha novela policíaca de Domingo Villar que se desenvolve na cidade de Vigo e a súa contorna. 

Da man do inspector Leo Caldas e o seu axudante Estévez percorremos as rúas e prazas da cidade olívica así como nos desprazamos a Bueu e a praia de Lapamán.

O solitario e reflexivo inspector Caldas resolve en poucos días, grazas a súa intuición, o asasinato dun saxofonista. 

No club de lectura comentáronse elementos  moi presentes na novela: a climatoloxía galega (as néboas, a choiva, a humidade), o plomizo mar,  a gastronomía propia do país (as luras do Elixio, por exemplo) e a idiosincrasia característica da nosa terra. Tamén dedicouse un anaco á figura protagonista: o solitario e reflexivo Leo Caldas.

 Así mesmo, a  música é un elemento moi presente na novela. O tema I love my man de Billie Holiday  acompáñanos nos momentos clave da obra pechando o capítulo final. 

Non te perdas esta entrevista a Domingo Villar. Nesta, o autor, transmítenos como as pescudas policíacas das súas novelas son a excusa para amosar aos lectores  as relacións humanas, os sentimentos, o novo papel da muller ou a vellez. Son temas moi presentes na obra deste autor afincado en Madrid e que escribe con morriña de Galicia.

https://view.genial.ly/61f5a14cb021450012aeff3a/interactive-conEntrevista con Domingo Villar

               El último barco' del vigués Domingo Villar, mejor novela negra española del  año - Faro de Vigo






Ningún comentario: