O libro A quinta muller do escritor sueco Henning Mankell foi a lectura do mes de febreiro no club das familias e dos docentes do noso IES.
Un dos grandes da novela policíaca nórdica, Mankell presenta un capítulo máis do incansable detective Kurt Wallander.
Solitario e triste, o experimentado e sagaz detective, atópase, neste caso, cunha astuta e despiadada asasina que se toma a xustiza pola súa man. Unha muller capaz dos máis horrorosos crimes e pro da vinganza.
Mankell mantén a atención dos lectores nunha obra que, como en toda a serie Wallander, profundiza no ben e o mal, no sentido da xustiza, no amor e o desamor, na vellez e nas relacións persoais. O autor é moi crítico coa sociedade sueca ao igual que xa vimos no islandés Arnaldur Indridasson.
Cun estilo poético, Mankell vai mesturando a realidade, o presente, coas lembranzas do pasado. E de fondo, sempre, a cruda meteoroloxía do norte de Europa que define a psicoloxía dos personaxes que pululan pola novela.
1 comentario:
Gran descubrimiento este autor. Me ha tenido en vilo toda la novela y de seguro que seguiré leyendo las aventuras de Wallander
Publicar un comentario