Cartas desde a trincheira é o resultado dun proxecto colaborativo entre os departamentos de Xeografía e Historia e Lingua e Literatura castelá.
O froito desta colaboración é a exposición de cartas realizadas polo alumnado de 4º ESO e que amosamos a partir desta semana na biblioteca do centro.
A I Guerra Mundial desenvolveuse principalmente entre as trincheiras. O alumnado tivo que meterse na pel daqueles soldados, enfermeiras ou médicos que narran as súas vivenzas a través das cartas enviadas aos seus seres queridos desde as trincheiras.
Nesta actividade de transformismo histórico, o alumnado emapapouse, para a súas creacións, de vídeos sobre a vida nas trincheiras, de fontes reais da época, ademaís da da exposición sobre a I Guerra Mundial realizada en 2018 polo departamento de Historia, cando se cumprían os cen anos dun acontecemento que mudou a historia de Europa.
Amosamos aquí algunhas destas cartas:
Cartas ás súas familas, aos seus amadas e amados, que contan a vida nestes buratos donde transcurría a vida entre as ratas, buratos donde o medo e a morte estaban moi presentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario