Parada final de Negrísima neste curso 2021-2022 que xa remata.
Esta obra é a primeira da saga do archicoñecido Salvo Montalbano, creado por Andrea Camilleri.
O comisario Montalbano vive e traballa en Vigata, no sur de Sicilia. É un pobo imaxinario, inventado polo autor, pero á vez, moi real, xa que a mafia e a corrupción están a orde do día.
O comisario ten 45 anos, mantén unha relación a distancia con Livia, é un policía perspicaz e intelixente, un pouco lambón, goza coa boa mesa e é amigo dos seus amigos. E non dubida en saltarse a lei ante as inxustizas.
Publicado en 1994, "La forma del agua" vai perfilando a moitos dos personaxes que estarán presentes nas 27 entregas posteriores deste comisario siciliano: a súa noiva Livia, a súa amiga Ingrid Sjostrom, os seus compañeiros MImi Augello e Fazio, o seu superior Bonetti-Alderighi, entre outros. Nesta primeira entrega non aparece aínda o entrañable Catarella.
Aquí tedes un enlace coa orde dos libros que protagoniza Montalbano por se queredes introducirvos ou releer estas trepidantes novelas nas que non falta o humor.
Cos casos de Montalbano, o autor mergúllanos na tranquila beira mediterránea, no sol do sur de Europa, na cultura e na gastronomía siciliana así como na idiosincrasia deste pobo, donde o humor está moi presente.
Todo isto plásmase na serie televisiva na que Montalbano é interpretado polo actor Luca Zingaretti.
Co libro de Camilleri despedímonos desexando volver cun novo itinerario lector o vindeiro curso.
Grazas por estar aí. Bo verán e boas lecturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario