O principiño cumple anos
Hoxe é un día moi especial porque este clásico da literatura universal cumple anos. O 6 de abril de 1943 a editorial Reynal & Hitchcock publicou por primeira vez O principiño, a fábula atemporal do escritor e piloto Antoine de Saint-Exupéry, quen faleceu nun accidente de aviación un ano e pouco despois, en xullo do 44, sen ser consciente da fama que lle ía a proporcionar esta obra.
Estas son as páxinas interiores desa primeira edición:
Na biblioteca temos exemplares en diferentes idiomas para que os levedes para casa e podades disfrutar coa súa lectura. Tamén está a vosa disposición a adaptación cinematográfica:
Os integrantes do club de lectura O bosque animado, tras a lectura da obra, realizaron marcapáxinas inspirados nesta marabillosa obra e incluíron citas do mesmo que quedarán sempre na súa memoria. O resultado é precioso:
Ningún comentario:
Publicar un comentario