28/09/23

Hora de ler

 RETOMAMOS OS BOS COSTUMES.      TOD@ A LER!

       
          Xa está de volta a hora de ler incluída no Plan Lector do noso instituto. Con ela, retomamos un ano máis costumes que nos permiten desfrutar da lectura todas as semanas nas aulas. Iniciamos este costume o luns a primeria hora. Ademais de ter xa anotados nos tablóns das clases as datas deste cruso, podedes conssultar o seguinte calendario onde aparece sinaladas as horas nas que se levará a cabo a hora de les en cada mes de curso 2023/2024:


           Xa podedes anotar nas vosas axendas o día que tedes que traer as vosas lecturas en papel. Tamén podedes telas seleccionadas no voso ordenador grazas á Plataforma ELBE 2. Se non sabesdes como se emprega, non tedes máis que seguir as seguintes instrucións.


            Ademais, por se alún de vós esquece o libro ou precisa de asesoramento, cada grupo disporá dunha caiza con suxestións lectoras de todo tipo que foron escollidas con moito mimos polos membros da biblioteca e que se renovará cada un dos trimestres. 







Ningún comentario: