21/02/24

Encontro con Dores Tembrás

 ENXERTANDO POESÍA NAS NOSAS VIDAS

       Hoxe foi un día moi especial para nós. Visitou a nosa biblioteca Dores Tembrás para falar de poesía co alumnado de 2º ESO e do club de lectura de 1º Bacharelato grazas ao MEC.

      Alicia, Natalia, Lucía e Carolina conduciron este encontro con gran maestría grazas ao análise que fixeran do último poemario de Dores (Enxertos) e a súa labor de documentación sobre a poeta e editora. Grazas a isto, coñecemos os pormenores da Dores lectora, poeta e editora e namoronos.

     Ademais, Dores iniciounos na creación poética no obradoiro de escrita creativa que fixo ao finalizar o encontro. Grazas a ela convertemos a lectura e escrita nun acto de rebeldía no que buscamos a nosa esencia poética.

19/02/24

Encontro con Dores Tembrás

ENCONTRO CON DORES TEMBRÁS 

     Esta mércores 21 de febreiro, grazas o programa do MEC Encontros literarios con autor@s, teremos a posibilidade de charlar de forma distendida con Dores Tembrás na biblioteca.


      Aquí tedes o videopoema que serviu de presentación do seu último poemario titulado Enxertos, que xa limos no club de lectura de Bacharelato e que está a vosa disposición na biblioteca para que o desfrutedes tanto coma nós. 




15/02/24

Cita a cegas

  CITA CUN LIBRO = BOA IDEA

      Despois das vacacións de Entroido, tivo lugar a nosa cita a cegas cun libro, un clásico para conmemorar o día do amor. Estamos moi contentas e agradecidas pola acollida que tiveron as lecturas que os membros dos clubs de lectura realizaron con moito amor para todo o alumnado do centro.



09/02/24

Namórate da lectura por San Valentín

NAMÓRATE DA LECTURA

       Nun día como o 14 de febreiro, no que se conmemora o amor, pásate  despois do entroido outro ano máís pola biblioteca para celebrar o amor pola lectura e atrévete a ter unha cita a cegas con algunha das recomendacións que os membros dos clubs deixaron preparadas para vós.




        Ademais, para abrir boca, deixamos unha selección de lecturas que podes atopar na nosa biblioteca e que celebrar todo tipo de amores.



02/02/24

os mandatos do meco

 O MECO MANDA...

        Outro ano máis o Meco volveu a aparecer no vestíbulo do noso centro para darnos instrucións sobre o que temos que facer nos días previos ao festival de Entroido. Ten moitas ganas de troula e vós?

 
Para que vaiades preparnado todo, aquí tedes os mandatos de esta ano. Tomade boa nota: 







01/02/24

o entroido xa está aquí

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

      Este ano o Entroido celebarase outra vez ao grande. Volve o esperado concurso de comparsas. Ademais, haberá todo o necesario para pasalo moi ben: disfraces, música, gastronomía... Que comece a troula!