ENXERTANDO POESÍA NAS NOSAS VIDAS
Hoxe foi un día moi especial para nós. Visitou a nosa biblioteca Dores Tembrás para falar de poesía co alumnado de 2º ESO e do club de lectura de 1º Bacharelato grazas ao MEC.
Alicia, Natalia, Lucía e Carolina conduciron este encontro con gran maestría grazas ao análise que fixeran do último poemario de Dores (Enxertos) e a súa labor de documentación sobre a poeta e editora. Grazas a isto, coñecemos os pormenores da Dores lectora, poeta e editora e namoronos.
Ademais, Dores iniciounos na creación poética no obradoiro de escrita creativa que fixo ao finalizar o encontro. Grazas a ela convertemos a lectura e escrita nun acto de rebeldía no que buscamos a nosa esencia poética.
Ningún comentario:
Publicar un comentario