27/05/24

Os clubs de lectura na ExpOtaku 2024

     ASALTAMOS DE NOVO A EXPOTAKU!

     Para celebrar o día do friki, algúns dos integrantes dos clubs de manda acudimos o sábado 25 de maio á ExpOtaku que se celebrou no recinto ferial Expocoruña. Pasámolo incríble! Puidemos desfrutar de obradoiros de pokeballs, de xincanas de atrapa la bandera e Spy x family e de loitas con todo tipo de armas. Ademais, puidemos conversar con escritores de ciencia ficción como Kaos e coñecer as novidades en realidade virtual e videoxogos. Estamos desexando volver!!!



22/05/24

Celebrando as nosas letras

 SEMANA DAS NOSAS LETRAS

       Con motivo do día das Letras Galegas, no noso centro celebramos a nosa cultura durante toda a semana por todo o alto, realizando multitude de actividades desde diferentes departamentos coordinados por Normalización Lingüísitica.

     Na biblioteca, desde o primeiro día de maio organizamos a exsposición Que veñen as letras!, un calendario no que cada día dabamos a coñecer libros da nosa literatura que están no catálogo para que puideras levalos para casa e desfrutar deles.

     Os alumnos de 1º ESO na biblioteca puideron dar os seu primeiros pasos como escritores grazas ao obradoiro de escrita creativa que lles impartiu Alberto Barreiro na biblioteca.

     O noso alumnado de 4º ESO tivo un encontro moi enriquecedor co escritor Marcos Calveiro no que analizaron a súa obra Curros & Holmes.

      Tamén tivemos o privilexio de asistir a un concerto do grupo QFB no noso salón de actos. Así a rapazada de 4º ESO descubriu que existen bandas que mesturan sons da música tradicional galega con bases de rock, rap e hip-hop.

     

    Ademais o alumnado de 2º ESO participou no Correlingua no que intercambiaron experiencias con outros centros educativos durante a andaina por A Coruña.

     O broche de ouro á semana das letras foi a celebración da IV edición do Festival das letras, que organizou o alumnado de 4ºESO coordinados polo Departamento de Lingua Galega e Literatura. Canto talento teñe a nosa rapazada.     

     

13/05/24

XXV aniversario do IES Afonso X o Sabio

 XXV ANIVERSARIO DO NOSO CENTRO

     Este fin de semana tivo lugar o XXV aniversario do noso instituto. Para iso, preparamos unha selección de exposicións das diferentes actividades que se levan a cabo na biblioteca

  • Os clubs len... onde aparece unha selección das obras lidas este ano nos diferentes clubs de lectura que se coordinan desde a biblioteca: manga, literatura comparada, matemático, xadrez, ecleéctico, LGTBIQ+...


  • Que veñen as letras, onde aparece a escolma bibliográfica que se está a realizar para celebrar o día das Letras Galegas.


  • Homenaxe a Akira Toriyama, recollendo unha escolma das creacións que fixeron os nosos alumnos para celebrar o día do cómic en marzo.



  • Viaxar é unha aventura




   Durante o sábado, realizamos obradoiros de escritura incluído no programa Lectura e familias para facerlles partícipes do proxecto "a historia da escritura" e así que experimentaran de primeira man o que é a escritura en pergamino, papiro e arcilla 





   Ademais, queriamos que se levaren un recordo e puideorn elaborar diferentes marcapáxinas.



   Tamén, preparamos unha selección de lecturas para desfrutar en familia nunha nova ubicación do recuncho familiar.



06/05/24

XXV aniversario

FESTEXAMOS O NOSO XXV ANIVERSARIO

     Todas as familias e a rapazada estades invitados a celebrar por todo o alto con nós o XXV aniversario do noso instituto. Para iso, temos preparado un fin de semana moi completo con actividades, obradoiros e exposicións de todo tipo. 


01/05/24

Que veñen as letras!

 QUE VEÑEN AS LETRAS!

       Aínda que o día das Letras Galegas é o venres 17 de maio, no centroimos adicarlle moito máis tempo á nosa cultura. Por iso, estanse a preparar moitas actividades que terán lugar neste mes e que culminarán coa celebración do IV Festival das Letras o xoves 16 de maio. Deixámos un pequeno adianto do que vos espera.


     Ademais, cada día do mes na biblioteca teredes unha novidade da nosa literatura no calendario Que veñen as letras!. Pasade todos os días a descubrilas