SEMANA DAS NOSAS LETRAS
Con motivo do día das Letras Galegas, no noso centro celebramos a nosa cultura durante toda a semana por todo o alto, realizando multitude de actividades desde diferentes departamentos coordinados por Normalización Lingüísitica.
Na biblioteca, desde o primeiro día de maio organizamos a exsposición Que veñen as letras!, un calendario no que cada día dabamos a coñecer libros da nosa literatura que están no catálogo para que puideras levalos para casa e desfrutar deles.
Os alumnos de 1º ESO na biblioteca puideron dar os seu primeiros pasos como escritores grazas ao obradoiro de escrita creativa que lles impartiu Alberto Barreiro na biblioteca.
O noso alumnado de 4º ESO tivo un encontro moi enriquecedor co escritor Marcos Calveiro no que analizaron a súa obra Curros & Holmes.
Tamén tivemos o privilexio de asistir a un concerto do grupo QFB no noso salón de actos. Así a rapazada de 4º ESO descubriu que existen bandas que mesturan sons da música tradicional galega con bases de rock, rap e hip-hop.
Ademais o alumnado de 2º ESO participou no Correlingua no que intercambiaron experiencias con outros centros educativos durante a andaina por A Coruña.
O broche de ouro á semana das letras foi a celebración da IV edición do Festival das letras, que organizou o alumnado de 4ºESO coordinados polo Departamento de Lingua Galega e Literatura. Canto talento teñe a nosa rapazada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario