21/10/24

Volven os clubes de lectura

 

 Estamos de volta!



Un ano máis os clubes de lectura queren forma parte da túa vida. Entre a variedade de clubes que propoñemos este curso desde a Biblioteca, seguro que atopas algún do que queiras formar parte: 

o  Clubes de mangadirixido ao alumnado da ESO e BACH e coordinado por  Estefanía Fernández (profesora de Xeografía e Historia).

o   Clubes de literatura histórica e fantásticadirixido ao alumnado da ESO e BACH e coordinado por Míkel Iríbar (profesor de Xeografía e Historia).

o    Clube LGTBIQ+dirixido ao alumnado de ESO e BACH e coordinado por Estefanía Fernández (profesora de Xeografía e Historia).

o    Clube de adult@sdirixido ás nais e pais do alumnado do centro e ao profesorado. Será coordinado por Estefanía Fernández (profesora de Xeografía e Historia).

o  Clube de lectura en inglés: dirixido ao alumnado ao alumnado de ESO e BACH, coordinado por Alejandro Campos (asistente en ligua estranxeira inglesa).

Animádevos e apuntádevos na biblioteca do centro durante calquera dos recreos. Estamos desexando contar con vós nestas actividades.

Tamén podedes mandar un correo da biblioteca indicando nome, apelidos, curso e clube no que estás interesado en participar.

Ningún comentario: