No día de hoxe, Rodrígo Díaz de Vivar foi investido cabaleiro no IES Afonso X O Sabio.
Mentres na porta da biblio Dona Ximena e Babieca esperaban o magno acontecemento, alumnas e alumnos de 1º E investiron cabaleiro ao Cid. Para iso, estes investigadores lograron localizar o nome de todas as pezas da súa armadura; pezas que estaba agochadas polos libros da biblioteca. Posteriormente averiguaron cal era a función de cada peza para, logo, colocarlla ao novo cabaleiro.
Con ista actividade de formación de usuarios e usuarias, o alumnado de 1º da ESO está a perfeccionar o seu dominio do espazo bibliotecario e as técnicas de busca dos nosos fondos.
Ista actividade foi desenvolta grazas á xenerosidade de Carmen Loriga (Biblioteca Uxío Novoneyra do IES Anxel Casal da Coruña)
1 comentario:
Non só tedes unha biblio preciosa e acolledora, senón que ademais é, e iso é o máis importante, UNHA BIBLIOTECA VIVA!!
Parabéns a todas e todos os que o facedes posible.
Unha aperta.
Publicar un comentario