08/02/10

Club de Lectura 2010

( Ilustración de Safo)



Como outros anos -e van tres-, este curso volvemos a poñer en marcha o noso Club de Lectura de "O Bosque Animado", igual que en tantos outros institutos e colexios de Galicia.

Seis docentes de cinco departamentos distintos coordinaremos desde agora ata final deste curso esta actividade que pretende atraer ao maior número posible de persoas. Do que se trata é de ler libros, de ficción ou non, coa pretensión de compartir esa lectura, enténdase por isto o que se queira...

O Departamento de Francés comezará primeiramente co libro La vie de ma mère, de Thierry Jonquet. Dúas profesoras do Departamento de Inglés farán outro tanto coa obra Scotland, do escritor Richarad MacAndrew, do cal temos na nosa biblioteca títulos como A puzzle for Logan, Logan´s choice, etc.. Ambos departamentos pasarán máis adiante á lectura doutras obras...

O Departamento de Lingua Castelá centraráse nun clásico de Valle-Inclán, como é a coñecida Sonata de otoño, mais tamén nunha novela de éxito da periodista Rosa Montero: Historia del rey transparente (con CD musical incluído).

Pola súa parte, o Departamento de Relixión Católica coordinará ao tempo dous grupos debido á gran cantidade de persoas que quixeron unirse a este proxecto. Ambos grupos lerán dúas obras: Ibrahim e as flores do Corán, traducción ao galego da obra do recoñecido autor francés Eric-Emmanuel Schmitt, e El caballero de la armadura oxidada, archicoñecido e mil veces editado libro de Robert Fischer.

Para acabar, o Departamento de Filosofía -ou algo parecido a iso-, dará inicio en breve á lectura de Vida de este chico, relato autobiográfico novelado do escritor de contos estadounidense Tobias Wolff. Se o grupo sobrevive a esta embestida, ese departamento continuará con outras propostas, de Wolff (Vieja escuela), e talvez doutros, e non necesariamente escritores...

Boa caza...

06/02/10

Novas adquisicións: Por qué Beethoven tiró el estofado


Steven Isserlis é un famoso violoncellista que nesta ocasión vai escribir sobre uns autores que realmente adora. A súa linguaxe é coma a dun neno que se sinte abraiado por uns seres que viviron noutras épocas pero seguen a estar presentes nas nosas vidas na actualidade.


Normalmente estes compositores (Bach, Mozart, Beethoven, Schumann, Brahms e Stravinsky) saen retratados nos libros coma personaxes serios, cheos de pensamentos profundos e de intelectualidades varias. Porén, neste libro, Isserlis vai á anécdota, ao detalle. Porque Isserlis pensa nos grandes xenios da música coma seres comúns, coas súas filias e fobias, con todas as súas particularidades. Precisamente destaca as pequenas cousas que son as que fan a estas personaxes inconfundíbeis.


Este libro está composto por sete contos protagonizados por un xenio da música representativo de cada época. Por outra banda, o libro non deixa de ter unha certa inclinación á prensa rosa. Se alguén está interesado nos cotilleos, este vai ser un gran libro para alimentalos.


Por qué Beethoven tiró el estofado léese dunha sentada. É claro, conciso e cheo do apaixoamento que sinte o seu escritor por unhas persoas que, case de casualidade, son compositores.

O que estou lendo paréceme (VII): La tuneladora

Fernando Lalana. La tuneladora. Bambú



Todo comienza con la extraña desaparición del ingeniero principal y responsable de la tuneladora que perfora los túneles del metro, Andrés Olmedo. Los padres de éste, inquietos por lo que le ha ocurrido a su hijo, deciden contratar a un detective privado, Fermín Escarpín, que gracias a su pericia y alguna ayudilla consigue resolver el caso satisfactoriamente, rescatando a Andrés Olmedo, metiendo a los culpables en la cárcel (excepto marino Espuertas, que acaba en un manicomio) y descubriendo la existencia de un gas nazi, conocido como el agente púrpura, capaz de enloquecer a cualquier persona.

Un libro interesante y emocionante que mezcla intriga con humor y de lectura fácil, recomendable para aquellas personas que disfruten leyendo novelas policíacas, y también para aquellas a las que no les guste leer mucho, debido a que su facilidad de comprensión les puede resultar atractiva

Diego Pazos Castro 4º B

03/02/10

Concerto pola Paz na Biblioteca

Co gallo da conmemoración do "Día da paz", o venres 29 de Xaneiro de 2010, realizouse un concerto pola paz na Biblioteca O Bosque Animado. Tocáronse dúas pezas musicais: O alumno de 4º ESO Diego Pazos interpretou no piano a Serenade de Schubert, autor romántico e un dos principais compositores austríacos de todos os tempos. Esta peza presenta unha sinxela estrutura con dous temas principais, ambos de gran inspiración melódica, enriquecidos por sutís harmonías que lle achegan unha maior expresividade.

A continuación, Beatriz Alonso e Isabel de la Puente tocaron un dúo para chelo e piano, "Prayer", obra de Ernst Bloch, autor do século XX, inspirada en melodías xudeas.

01/02/10

A frase do mes: Xabier P. Docampo


"Hai, desde logo, unha situación ideal, aquela na que os pais son lectores. Nun ambiente de lectura poden crecer os lectores como fungos nun ambiente de humidade. Multiplícase o desexo de ler. Deixo a un lado os casos dos pais tan lectores que pensan máis nos libros que nos seus fillos e estes non queren saber nada de lectura nin que que os aspen. Mais sabemos moi ben que o caso de pais xeradores do desexo de ler pola vía do exemplo é totalmente excepcional e resultaría unha mala desculpa dicir que, como na casa non hai ambiente lector, este neno xa non lerá".

Cita recollida de Xavier Seoane. Ditos sobre o libro e a lectura. 2009, A Coruña, páx. 27.