22/11/11

Sobre a lingua

Dous vídeos interesantísimos. O primeiro vímolo na Biblioteca do Chouzo de onde collemos, tamén o texto. Aclaro que Cea, xunto con Carral e Osedo, é un dos lugares co mellor pan de Galicia.
Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.






O segundo vídeo é de Carlos Blanco. Todo un fenómeno mediático.


19/11/11

Novo equipamento para a biblioteca

Recentemente vimos de completar o equipamento mobiliario da biblioteca. Adquiriuse un moble para os deuvedés, posto que os dous existentes estaban a quedar pequenos, e dúas estanterías baixas.
O moble de deuvedés foi colocado na parede que está xusto á entrada da biblioteca entre os dous arquivadores. Nos vindeiros días será rotulado para ver, se deste xeito, conseguimos que as películas non fiquen desordenadas.
Os dous novos mobles con andeis foron colocados na esquina do fondo da biblioteca. Con eles modificaremos fisicamente a colocación de parte dos nosos fondos de ficción e conseguiremos un espazo de seu para os documentos de produción propia.

01/11/11

A frase do mes: José Saramago

"Todo o mundo me di que teño que facer exercicio. Que é bo para a miña saúde. Mais nunca escoitei a ninguén que lle diga a un deportista: "Tes que ler"

17/10/11

Sobre o 15-M e os Indignados: selección de lecturas


Selección de lecturas sobre o movemento do 15-M e "Os indignados" . Na biblioteca pódese contemplar na sección de novidades estes libros divulgativos.


01/10/11

A frase do mes: María Reimóndez



O día que aprendín a ler comprendín finalmente o que miña nai me contaba de que os libros eran o tesouro do saber dos brancos. Mais cando comecei a escribir estiven en desacardo con ela. Porque escribir foi sempre para min unha forma de falar con quen non está. Unha maneira de encher os ocos dunha vida chea de ausencias. Escribir é continuar as conversas que quedan penduradas do aire...


María Reimóndez. Pirata. Vigo, Xerais, 2009, páx. 215