04/02/19

Gravando "Reporteiros viaxeiros"

  
Durante esta semana, na materia de Xeografía e Historia, os alumnos e alumnas de 1º ESO, convertéronse en reporteiros viaxeiros.

O obxectivo da actividade era repasar os climas do mundo, vexetación, fauna... e de paso, coñecer as diversas culturas e costumes de zonas tan exóticas como Indonesia, Nepal, China ou Australia, entre outros destinos. 

Primeiro, cada parella escolleu un país do mundo para visitar. A continuación, os rapaces e rapazas elaboraron os seus guións, realizaron unha pequena investigación sobre o país escollido e lugares interesantes para visitar, e tras algúns ensaios... acción e a gravar!

A biblioteca foi o escenario de toda a actividade. Alí colocamos os focos e o croma, o que nos permitirá editar o vídeo, produto  final da experiencia.

Pero o que fixo posible todo foi, sen dúbida, a imaxinación e o entusiasmo  amosado polos rapaces e rapazas.

Viaxar é un exercicio con consecuencias fatais para os prexuízos, a intolerancia e a estreiteza de mente” (Mark Twain)

O noso destino non é un lugar, senón unha nova maneira de ver as cousas” (Henry Miller)

07/01/19

Exposición "1968: O ano das utopías"


No mes de decembro de 2018 en colaboración con Departamento de Xeografía e Historia e de Debuxo, expúxose no recibidor do IES a exposición “1968: O ano das utopías” co gallo do cincuentenario.

Na exposición, tan visual coma sempre, amosáronse aspectos históricos sobranceiros deste ano: o maio francés, a loita polos dereitos civís en Estados Unidos de América, a guerra de Vietnam, o movemento estudantil en España e Galicia, os discos e películas salientables de 1968.

Ademais fixéronse varias pancartas cos frases aparecidas en París en 1968.

O alumnado visitou a exposición ao tempo que resolvían algunhas cuestións sobre a mesma.






19/12/18

Visitamos a Biblioteca Pública Miguel González Garcés


O martes 13 de novembro os/as alumnos/as da materia de INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN do curso 2º de ESO coñeceron o funcionamento da Biblioteca Pública Miguel González Garcés, situada na cidade de A Coruña.

Na biblioteca foron recibidos por duas traballadoras da mesma que lles explicaron como acceder a ela a través de internet, lles ensinaron as diversas localizacións: biblioteca infantil, hemeroteca, fonoteca, biblioteca xeral... e tamén o procedemento para localizar libros, rexistrar o préstamo e proceder á devolución.


Expresamos o noso agradecemento ao persoal da biblioteca polo bo trato e a atención que nos adicaron.

Días despois o alumnado plasmou parte desa experiencia nuns murais na biblioteca do noso IES, ademais de amosar as bibliotecas públicas da nosa contorna.











05/12/18

Andrea Maceiras Premio Lazarillo 2018

Andrea na súa/nosa biblioteca


Andrea Maceiras, ex-alumna no noso IES acaba de recibir o importante premio Lazarillo 2018 na modalidade de Creación Literaria. O xurado acordou conceder o premio á obra Rusgalía da que é autora Andrea por seren "unha obra ben artellada e entramada cunha linguaxe poética con fermosísimas escenas que te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción" segundo podemos ler en Babar.


Parabéns, Andrea.




01/12/18

Emma Pedreira: Besta do seu sangue

A multifacética escritora Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018, asinou a súa última obra para a nosa biblioteca. UNha obra cunha moi coidada trama narrativa e cómpre lela sen para. Moitas grazas Emma.