Este ano para loitar contra a violencia machista e promover a igualdade organizamos desde a Bilioteca un concurso de fotografía dirixido a todo o alumnado (Secundaria, FPB, Bacharelato e ciclos).
Para participar, teredes que facer unha fotografía que:
denuncie dalgún xeito a violencia contra as mulleres.
mostre que existe igualdade entre xéneros.
Animádevos a participar. Tedes ata o 25 de novembro para enviar as vosas fotografías ao correo biblioteca@iesafonsoxcambre.com
As fotografías serán expostas na biblioteca e un xurado composto por menros da biblioteca decidirá os gañadores.
Este curso 2021-2022 nace un novo clube de lectura no IES Afonso X O Sabio. Está dirixido a nais, pais e docentes e a temática elixida é a novela negra. Un xénero que engancha!
Presentámosvos nesta entrada o itinerario lector que seguiremos mes a mes.
Con Negrísima" propoñemos un itinerario policíaco e de misterio que abarca escenarios moi diferentes: desde os países escandinavosa Galicia, pasando polos escuros canais da noite veneciana e pola calma da campiña inglesa. Rematamos no sur de Europa, co sol e a gastronomía de Sicilia.
Temos unha reunión para comentalo e desgranalo o derradeiro martes de cada mes na biblioteca do noso IES. Seguro que podedes aportar moito! Animarvos a vir!
O alumnado de 2º ESO protagoniza esta exposición sobre lugares maravillosos que non nos quedan moi lonxe...
As Illas Cíes, a lagoa de Valdoviño, a illa de Cortegada, os canóns do río Sil ou os lagos de Covadonga, entre outras maravillas naturais, forman parte desta exposición que realizamos desde a materia de Xeografía.
"Lugares para soñar" estará aberta ao público ao longo do mes de outubro.
Este ano, 2021, conmemoramos o 800 aniversario do nacemento do rei Afonso X O Sabio. Como IES que leva o seu nome, o alumnado do curso pasado de 2º de ESO levaron a cabo unha reportaxe en vídeo sobre esta figura histórica.
Os afonso- reporteiros informan sobre a Plena Idade Media, a época na que viviu o Rei Sabio, así como a súa biografía e a súa obra. Esta foi moi prolífica, abarcando diversas ramas do saber e destacando a súa obra poética-musical, as Cantigas de Santa María.
A reportaxe contempla un roteiro polos lugares cercanos a Cambre que están ligados á figura do rei: a vila medieval de Pontedeume, o mosteiro de Caaveiro e de Monfero e o museo de As Mariñas en Betanzos.
Os afonso reporteiros son: Heba, Adriana, Andrea, Noa, Hugo, Alejo, Paola, Nerea, Alejandra e Lautaro. Todos eles son alumnos e alumnas de 3º ESO neste curso que acaba de comezar.
Damos a benvida ao novo alumnado de 1º da ESO recén chegado ao IES Afonso X O Sabio.
A través dun vídeo, os afonso-reporteiros realizan un percorrido presentando os diferentes espazos do centro. Deixámonos guiar por Roque, Candela, Gael, Paula, Carlos, Natalia e Pedro para descubrir todos os rincóns: desde o vestibulo aos patios de recreo, pasando pola biblioteca, as aulas e mesmo pola cafetería.
É Paula Ferreiro, de 4º da ESO, a encargada de presentarmos a biblioteca, un lugar de estudo e tamén un espazo onde levaremos a cabo moitas actividades neste curso 2021-2022 que comeza xa.
O noso obxectivo é converter a biblioteca nun espazo lúdico onde o traballo e a diversión van da man.
Este ano 2021 é especial para o noso IES, xa que conmemoramos o 800 anos do nacemento do rei Afonso X. Por iso, a figura do Rei Sabio, é o fío condutor desta reportaxe de benvida.
Os afonso- reporteiros explícannos quen foi Afonso X, a súa obra e relevancia na Idade Media.