30/09/22

Campaña voluntarios

 BÚSCANSE VOLUNTARI@S 

       Neste novo curso queremos dar a oportunidade a todo o alumnado do centro a traballar como voluntari@s e así facer da biblioteca algo máis próximo a todos vós. 


       Seguro que coa vosa colaboración todo funcionará aínda mellor! Pasade en calquera dos recreos pola biblioteca e anotádevos. A biblioteca necesítate!

26/09/22

Hora de ler

 

PREPARADOS, LISTOS... A LER!



        Xa está de volta a hora de ler incluída no Plan Lector do noso instituto. Con ela, retomamos costumes que nos fan desfrutar da lectura todas as semanas. Iniciamos as nosas lecturas a semana próxima. Podedes consultar o calendario no que aparecen sinaladas as horas nas que se levará a cabo a hora de ler en cada mes do curso 2022/2023: 



          Agora xa podedes anotar na vosa axenda o día que tedes que traer as vosas lecturas en papel ou telas seleccionadas no ordenador grazas á plataforma ELBE 2. A continuación, deixamos as instrucións que debedes seguir para acceder:

https://drive.google.com/drive/my-drive

        Ademais, por se algún de vós esquece o libro ou quere asesoramento, cada grupo disporá dunha caixa con suxestións lectoras de toda índole que foron escollidas con moito mimo polos membros da biblioteca e que se renovarán cada trimestre.

 

19/09/22

Xa están de volta os clubes de lectura

 

VOLVEN OS CLUBES DE LECTURA

Queres falar de libros en boa compañía?



        Entre a variedade de clubes que propoñemos este curso desde a Biblioteca, seguro que atopas algún do que queras formar parte: 


    • Clubes de literatura e cine: dirixidos ao alumnado de toda a Secundaria e Bacharelato e coordinado por Iria Collantes (profesora de lingua castelá e literatura).
    • Clubes de manga: dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por  María Jesús Domínguez e Iria Collantes (profesores de Música e Lingua castelá).
    • Clube de literatura universal: dirixido ao alumnado da materia de Literatura Universal de 1º BACH coordinado por Rosa Maceiras (profesora de lingua castelá e literatura).
    • Clube de artes escénicas: dirixido ao alumnado da materia Artes escénicas e danza de 4º ESO e coordinado por María Jesús Domínguez (profesora de Música).
    • Clubes O bosque animado: dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato e coordinado por Patricia Precedo e Iria Collantes (profesoras de Lingua Castelá)
    • Clube LGTBIQ+: dirixido ao alumnado de ESO e BACH e coordinado por Graciela Fiaño Cacheda (Departamento de Orientación)

    • Clube de adultos: dirixido aos pais do alumnado do centro e ao profesorado. Será coordinado por Susana Vicente (profesora de Latín)

        Animádevos e apuntádevos na biblioteca do centro durante calquera dos recreos. Estamos desexando contar con vós nestas actividades.

         Tamén podedes mandar un correo da biblioteca indicando nome, apelidos, curso e clube no que estás interesado en participar.

12/09/22

Comezamos o curso 2022/2023


COMEZAMOS UN NOVO CURSO

MOI ILUSIONAD@S

 

        Neste inicio do curso 2022/2023, a biblioteca está un pouco desorganizada, tal e como podedes ver nas fotografías: 


         Non obstante, todo este caos é por unha boa causa. Estamos poñendo a punto a nosa biblioteca para convertila nun lugar onde vos atopedes a gusto e desfrutedes con nós dos libros. Por iso, puxémonos a pintar e redistribuír o espazo do que dispoñemos.


         Estamos desexando que pasedes pola biblioteca e nos contedes que vos parecen os cambios que realizamos con tanto cariño: 

 



01/06/22

Negrísima: "La forma del agua" de Andrea Camilleri

           Fallece el escritor italiano Andrea Camilleri a los 93 años | Europa al día  | DW | 17.07.2019

Parada final de Negrísima neste curso 2021-2022 que xa remata. 

Esta obra é a primeira da saga do archicoñecido Salvo Montalbano, creado por Andrea Camilleri.

O  comisario Montalbano vive e traballa en Vigata, no sur de Sicilia. É un pobo imaxinario, inventado polo autor, pero á vez, moi real, xa que a mafia e a corrupción están a orde do día. 

O comisario ten 45 anos, mantén unha relación a distancia con Livia, é un policía perspicaz e intelixente, un pouco lambón, goza coa boa mesa e é amigo dos seus amigos. E non dubida en saltarse a lei ante as inxustizas.

Publicado en 1994, "La forma del agua" vai perfilando a moitos dos personaxes que estarán presentes nas 27 entregas posteriores deste comisario siciliano: a  súa noiva Livia, a súa amiga Ingrid Sjostrom, os seus compañeiros MImi Augello e Fazio, o seu superior Bonetti-Alderighi, entre outros. Nesta primeira entrega non aparece aínda o entrañable Catarella.

Aquí tedes un enlace coa orde dos libros que protagoniza Montalbano por se queredes introducirvos ou releer estas trepidantes novelas nas que non falta o humor.

Lista dos libros da saga

Cos casos de Montalbano, o autor mergúllanos na tranquila beira mediterránea, no sol do sur de Europa, na  cultura e na gastronomía siciliana así como na idiosincrasia deste pobo, donde o humor está moi presente. 

Todo isto plásmase na serie televisiva na que Montalbano é interpretado polo actor Luca Zingaretti. 

         El final del comisario Montalbano y todos los libros inéditos que deja tras  de sí Andrea Camilleri

Co libro de Camilleri despedímonos desexando volver cun novo itinerario lector o vindeiro curso.

Grazas por estar aí. Bo verán e boas lecturas.